Radio Galega

A literatura galega nas Redes Sociais

Tamara Andrés fai un repaso da mellor literatura galega que podemos atopar nas redes sociais. 

Ciclo Vangal 2.0: música de vangarda no Museo do Pobo Galego

Comeza no Museo do Pobo Galego o Ciclo VANGAL 2.0 de música de vangarda.

Falamos con Marcos Gendre, comisario e membro do colectivo Ruido de Fondo. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O ciclo Vangal 2.0 de música de vangarda no Museo do Pobo Galego. Roberto Pascual co II Premio Laudamuco de Teatro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘As miradas de Isaac’: Isaac Díaz Pardo na Cidade da Cultura. Volve Cineuropa a Santiago e cóntanolo Begoña Vázquez de Sala 5.

A narración oral está moi viva no Festival Atlántica

Coma todos os anos, o Festival Atlántica de narración oral comezou o pasado mes de marzo, pero qudou a medias por causa do coronavirus. Agora están de volta con actuacións simultáneas en nove concellos. 

Falamos con Soledad Felloza, directora artística de Atlántica sobre esta 8ª edición. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Festival Atlántica de narración oral. ‘O bolero de Ravel’, caderno ilustrado comentado por Montse Pena Presas.

A historia vital e musical de Rogelio Groba en formato audiolibro

Un rapaz de aldea comeza a estudar música con 11 anos e chega a ser un dos músicos contemporáneos galegos máis importantes. 

A historia de Rogelio Groba, compositor, director, profesor de conservatorio… pódese coñecer a través dun audiolibro, ‘O neno Groba e a música’, escrito por Lidia Fraga, ilustrado por Julio Seijas e con voz do actor Luís Iglesia. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘O neno Groba e a música’, o audiolibro sobre a vida do compositor Rogelio Groba. ‘Música para os días de inverno’ no comentario de Armando Requeixo.

Pin It on Pinterest