Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30
Abe Rábade saca un EP libre: “Piano solo” . Xosé Durán publica ‘A Raiña Galega’.
Abe Rábade saca un EP libre: “Piano solo” . Xosé Durán publica ‘A Raiña Galega’.
En 1980 saía o primeiro disco de Milladoiro. Dende aquela, 40 anos foron máis que suficientes para facer do seu son a banda sonora de Galicia.
Recordamos este aniversario coa súa música e falando con Xosé Ferreirós, un dos seus membros.
40 anos da música de Milladoiro. Ópera co ‘Orfeo e Euridice’ de Gluck e Luis Miguel Crespo.
A aldea gala segue viva, e xa se pode escoitar en galego as voces de Astérix, Obélix e os terribles cantos de Asurancetúrix grazas ao audiolibro O Menhir de Ouro, unha historia orixinal de Rene Goscinny e Albert Uderzo que pon de manifesto o seu interese por investigar máis aló dos límites da viñeta.
Neste traballo de reedición impulsado por Edicións Xerais conta coas excepcionais voces dun grande elenco de actores como Xerardo Couto, Tacho González, Anton Rubal e outros secundarios con música orixinal e efectos sonoros feitos á medida.
A nova aventura dos irredutibles galos xa está nas librarías de Galicia. Como recordarán a súa versión orixinal est en francés e agora dase a coñecer o traballo de traducció ao galego feiro por Xavier Senín e Isabel Soto.
“O menhir de ouro”, audiolibro de Asterix tradudico ao galego por Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar. Colaboración sobre ciencia de Manuel Vicente.
Ferrol 1916, da banda Clásicos Libres é a gañadora do Musicando Carvalho Calero 2020.
Falamos con Miguel Penas de AGAL e María Solar, coordinadora de cultura da CRTVG. Os dous destacaron a calidade das propostas presentadas.
Por parte de Clásicos Libre, puidemos falar con Ánxela Arias López, que acababa de enterarse de que resultaran gañadores.
Ferrol 1916 de Clásicos Libres, canción gañadora do Musicando Carvalho Calero 2020. Días de denza en Lugo con Sabela Mendoza.
Margarida Ledo homenaxeada no VII Congreso Internacional de Diversidade e Comunicación, organizado pola Asociación Española de Investigación da Comunicación AE-IC. Colaboración de Tito Lesende sobre música pop e rock.
A Revista Galega de Teatro, a única publicación especializada neste ámbito en Galicia, chega ao seu número 100. Toda unha fazaña nestes tempos de consumo rápido que desde a RGT queren celebrar.
Tiñan organizada unha gala en Cangas que tivo que ser cancelada.
Falamos coa dramaturga e directora da revista, Vanesa Sotelo.
100 números da Revista Galega de Teatro. ‘Lúa Vermella’ e ‘Sentimental’: imos ao cine co Begoña Vázquez para reivindicar unha cultura segura.