Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45
XX Mostra de Curtametraxes do Ateneo, con entrevista ao presidente, Javier Dongil.
XX Mostra de Curtametraxes do Ateneo, con entrevista ao presidente, Javier Dongil.
Continúa a programación do FIOT En Pausa. O venres 16 de outubro estréase en Carballo A xente 2.0, unha asemblea, unha experiencia grupal, dirixida e interpretada por María Vázquez e Víctor Duplá.
A xente implícase, a xente quéixase, a xente participa, a xente escoita, a xente pensa noutra xente… Todo isto fai a xente e poderá facer o público tamén, peza esencial deste traballo, que aposta polo contacto directo cos espectadores.
A xente 2.0 é o primeiro traballo de Amorodo Producións, a nova compañía que Vázquez e Duplá acaban de poñer en pé.
Falamos con María Vázquez, actriz, directora e produtora, sobre as alegrías e dificultades de levar adiante este proxecto no medio dunha pandemia.
‘A xente 2.0’, nova estrea no FIOT de Carballo da man de María Vázquez e Víctor Duplá. As estreas do cine desta fin de semana con Begoña Vázquez.
O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará no teatro Jofre de Ferrol un acto de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.
Alfredo Gómez e a súa muller, a pianista Liudmila Shevyakova, xuntáronse con Germán Guntín para artellar desde Lugo Iulius 13, unha plataforma pioneira en España, que ofrece concertos de música clásica en alta definición e coa mellor calidade de son.
Comezaron con probas durante o confinamento e agora xa teñen un programa completo de concertos en streaming, que mesmo permite aos usuarios comunicarse cos artistas mediante un chat de whatsapp.
Un dos músicos que pasou por Iulius 13 é Pablo Rodríguez, guitarrista clásico, que ofreceu o pasado venres o seu primeiro concerto neste formato.
O seguinte será o 8 de novembro, onde a agrupación Volando libre volve co seu repertorio Ave Fénix. O prezo dos concertos é de 7,50€.
Iulius 13, unha plataforma de música clásica en ‘streaming’ ideada en Lugo. ‘Leccións de poesía para nenas e nenos inquietos’, de Luis García Montero, na colaboración de Montse Pena Presas.
Inspirado nos versos de Rosalía xorde o novo traballo musical de Sheila Patricia. A artista presenta o seu espectáculo ‘Camiño Branco’, mesturando versos de Rosalía con sons de influencia latinoamericana. A estrea terá lugar o 16 de outubro no Teatro Jofre de Ferrol, en formato cuarteto.
‘Camiño Branco’, a nova proposta musical de Sheila Patricia. ‘Illados. Diario da pandemia’, a recomendación semanal de Armando Requeixo.
Entrevista a Xosé Manuel Pena, autor de ‘Todas as vidas’.
O Musicando Carvalho Calero recibiu 80 propostas musicais arredor dos versos de Carvalho Calero. Pop, rock, heavy, electrónica… tódolos xéneros acollen os seus poemas.
Hoxe falamos con Alonso Caxade, músico e mestre, que foi parte do xurado encargado de seleccionar 10 finalistas: “unha tarefa moi difícil pola alta clidade dos participantes”.