Radio Galega

Xa temos as 10 cancións finalistas do Musicando Carvalho Calero 2020

Comezan as votacións para decidir que canción é a gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.

Estas son as 10 cancións finalistas:

  • Beleza de mulher (Aldea Carnal)
  • Calquer lugar e bom para morrer (Benja Morana)
  • O meu coraçom (Joao Moniz)
  • Todo o mundo é teu (Madalena Gamalho)
  • Calquer lugar e bom para morrer (Dandy Fever)
  • Demo Deus (Moito!)
  • A súa mazá (O Portugués)
  • Sonho de Catarina (A Banda da Loba)
  • Nom existe a morte (MJ Pérez)
  • Ferrol 1916 (Classicos Livres)

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Repasamos as 10 cancións finalistas do concurso Musicando Carvalho Calero 2020 e imos ata o I Congreso Internacional do Teatro Galego co colaborador Roberto Pascual

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Novas creadoras no Curtocircuíto: Iria Silvosa e Rafa de los Arcos.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo retoma a programación do festival ‘Nas Ondas 2020’

O Festival da Música e das Artes, do Conservatorio Superior de Música de Vigo, retoma a súa programación logo de ter que ser adiado pola pandemia. O ‘Nas Ondas 2020’ conmemora o 250 aniversario do nacemento de L. V. Beethoven.

Jacobo Gaspar, vicedirector do Conservatorio, destaca o ciclo EXPLURART co que comeza o festival. A entrada será libre, ata completar un aforo reducido para garantir as medidas de seguridade. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O festival ‘Nas Ondas 2020’ do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A novela ‘O paraíso dos inocentes’, de Antón Riveiro Coello, con comentario de Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Conversa con Víctor Careu, o director artístico do Ateneo 2020. Rosario Sarmiento falaranos das fotografía de Isabel Muñoz, que actualmente ten unha exposición ao aire libre na Coruña.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Entrevista a Esther Carrodeguas, autora de ‘Malcriada’.

Estrea na 25º edición de Galicreques de ‘O show de Barallocas’, de Teatro Marionetas Trécola

Conversamos con Ero Vázquez Cabrera, responsable da compañía Teatro Marionetas Trécola, que esta semana presenta o seu novo espectáculo, ‘O Show de Barallocas’, no marco da 25ª edición de Galicreques, en Santiago de Compostela.

Este festival de teatro e fantasía foi tamén presentado no día de hoxe en Compostela. As citas con “Barallocas” serán o xoves 15 e o sábado 17 no paseo central da Alameda.

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Falamos con Ero Vázquez Cabrera, do Teatro Marionetas Trécola. O noso colaborador Luis Miguel Crespo achéganos a programación da OSG

Zeta | Episodio 3

Solaina, un novo espazo con sede en Lugo dende o que promover a arte e a cultura dacidade, e no que os artistas poden coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súaspezas. Este proxecto está dirixido e curado por Antía Carreira e Sergio Marey, dous novos artistas lucenses que esperan facer de Solaina “un referente da arte en Galiza eno mundo”. Colaboracións de Cibrán Tenreiro e Ana Abad

Pin It on Pinterest