Diario Cultural das 14:45
Entrevista a Antón Reixa sobre ‘Melancolemia’.
Entrevista a Antón Reixa sobre ‘Melancolemia’.
Hoxe conversamos coa gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2010, Aline Frazao, coa canción María Silencio -e a banda A Miña Embala, xunto con César Harraz-. Mañá remata o prazo de presentación de cancións para o concurso, para o que xa hai máis de 40 propostas.
Hoxe conversamos coa gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2010, Aline Frazao, coa canción María Silencio -e a banda A Miña Embala, xunto con César Harraz-. Mañá remata o prazo de presentación de cancións para o concurso, para o que xa hai máis de 40 propostas.
E coñecemos co noso colaborador Luis Miguel Crespo un pouco máis das programacións da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia, dúas tempadas cargadas de grandes concertos que achegan o mellor da música clásica ao público das súas sedes no Auditorio de Galicia e no Coliseum coruñés, ademais de ao do resto das cidades galegas. Música dos mellores compositores da historia xunto con música de compositores e compositoras galegas, estreas absolutas, concertos didácticos, proxectos educativos… En definitiva, dúas grandes propostas que nos achegan cultura de xeito seguro en tempos tan incertos.
Jorge Llorca presenta a súa novela “O Anxo de Durero”, Premio Vicente Risco de Creación Literaria. Unha novela cuxo título non podería ser máis artístico e que de vez, os apaixoados da arte e da historia da arte gozarán máis incluso do que os lectores menos sabidos no campo. E é que Llorca publica unha obra que leva ó lector á curiosidade por pescudar, por averiguar a obra e historia de cada artista nomeado no libro.
Entrevista a Jorge Llorca pola novela ‘O anxo de durero’. Festival de San Sebastián. Colaboración de Beli Martínez sobre audiovisual galego.
O Festival de Teatro Clásico de Lugo viuse obrigado a suspender a función de “Macbeth o ruído e a furia”, prevista para mañá sábado, por un positivo no elenco actoral.
Manual de uso é unha exposición de La Ribot (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais. Para unha artista que se move entre ambos os mundos, entre teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e mesmo feiras de arte, moitas das súas creacións foron concibidas nestas oportunidades que ten para poder abordar diferentes traballos nos que un dos condicionantes principais é a temporalidade, unha cuestión que será tratada neste proxecto no CGAC, no que poderemos ver en directo a Pièce distinguée n.º 45, ademais dalgunhas das súas obras en vídeo, instalacións e fotografías.
Apertura da exposición La Ribot, Manual de uso, co comisario Iñaki Martínez Antelo.
A XXVI edición d’O Escritor na súa Terra, impulsado pola AELG rende homenaxe en vida a Vítor Vaqueiro este sábado en Santiago de Compostela coa entrega do galardón Letra E de escritor, peza escultórica de Soledad Penalta nun acto no Pazo de Raxoi ás 12:30; e a plantación dunha árbore simbólica e a colocación dun monólito conmemorativo no Parque de Galeras
O MARCO de Vigo acolle a mostra ‘Seda de cabalo’ de Manuel Vilariño. Unha retrospectiva que reúne as poéticas obras do artista.
Froitas, candelas, animais nos que intensifica as texturas, resalta as cores e traslada ao espectador unha visión onírica. Naturalezas mortas e bodegóns reiterpretados desde a melancolía.