Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Presentación en Galicia do disco “Memoria da melancolía” de Samuel Diz, guitarrista einvestigador da música na Xeración do 27. Colaboración de Mario César Vila sobre arqueoloxía.

Sen título. Así é a nova exposición de Edu Albo “S/T 2020”

O pintor Edu Albo (A Coruña, 1971) presenta os seus últimos traballos en Santiago de Compostela da man da Galería Luisa Pita.

Edu Albo define a súa obra como “realismo conceptual” e caracterízase por abrazar unha idea  tardomorandiana da arte, buscando a esencia dos obxectos e tratando que o espectador se tope co especular fronte aos seus cadros. Apélase desta forma á memoria visual e cognitiva do público, xerando así unha moi contemporánea riqueza discursiva.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Edu Albo presenta na Galería Luisa Pita unha selección de obras que se sirven de obxectos cotiáns, descontextualizados, para retratar emocións, sentimentos e lembranzas.

Sarabela Teatro estrea en Ourense ‘A Lingua das Bolboretas’ de Manolo Rivas

Sarabela Teatro estrea ‘A lingua das bolboretas’ de Manolo Rivas no Auditorio de Ourense. O espectáculo está dirixido por Gonzalo Guerreiro que fixo a dramaturxia do relato xunto a outro do propio Rivas: A traxectoria do Balón. Ademais conta con referencias de Rivas con textos e cancións de Fernando Dacosta

Diario Cultural das 10:30

Sarabela Teatro estrea ‘A lingua das bolboretas’ de Manolo Rivas no Auditorio de Ourense. O espectáculo está dirixido por Gonzalo Guerreiro que fixo a dramaturxia do relato xunto a outro do propio Rivas: A traxectoria do Balón. Ademais conta con referencias de Rivas con textos e cancións de Fernando Dacosta

E o noso colaborador Roberto Pascual fálanos das fillas bravas, fillas do vento, da liberdade, do que esconden os tópicos, do que nos ensina quen se move entre as silveiras da ignorancia e a soberbia de todos os tempos con beleza natural e afiadísimo humor.

O Centro Dramático Galego celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago de Compostela

Hai cen anos abría as súas portas na rúa Nova de Santiago de Compostela o Salón Teatro, sede hoxe do Centro Dramático Galego.

Mais no tempo da apertura, era un proxecto promovido pola Liga da Mutua de Señoras de Santiago. Un teatro destinado a acoller os actos e festas dos colexios católicos da elite económica da cidade, onde a lingua vehicular non era outra que os castelán. Porén, aquilo mudaba polas noites.

Agora, para conmemorar este centenario, o Centro Dramático Galego organiza os Mércores de Varanda, que xa está a dar lugar a concertos semanais entre os meses de setembro e outubro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Reportaxe sobre o centenario do Salón Teatro de Santiago de Compostela. Colaboración de Emilio Españadero sobre música tradicional.

Vertixe Sonora Ensemble estrea proxecto, hoxe no Auditorio de Galicia

Vertixe Sonora Ensemble, interpretará na Sala Mozart do Auditorio de Galicia obras presentes na mostra Mirar o Son, que abre coa actuación desta agrupación especializada na creación musical máis actual.

A actuación está ligada por máis cousas có repertorio a esta exposición, que leva o título de “Mirar o son. Notación gráfica na música contemporánea”.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Vertixe Sonora Ensemble estrea proxecto o mércores 16 no Auditorio de Galicia.  Entrevista ao director artístico, Ramón Souto.

Diario Cultural das 10:30

Arranca a novena edición do Festival Primavera de Cine. O festival de cine de Vigo afronta a súa edición máis austera, con menos actividades paralelas e menos aformaento, e dúas sedes para as proxeccións: o Auditorio Municipal do Concello de Vigo e o museo MARCO. 

E esta semana Armando Requeixo convídanos a ler a última novela de Ignacio Vidal Portabales: Lara e Sabela.

Pin It on Pinterest