Radio Galega

A Eurocidade Tui – Valença participa nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Esta fin de semana a Eurocidade Tui – Valença continúa a celebrar diferentes actividades, ao abeiro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, para a divulgación do amplo patrimonio vinculado á presenza histórica da comunidade xudía en ambas cidades transfronteirizas.

O programa abrangue diversas visitas que por mor das prescricións sanitarias derivadas da COVID-19, consisten nunha explicación detallada de diversos aspectos relacionados coa presenza xudía, tanto en época medieval como nos séculos XVI e XVII. Posteriormente os asistentes poderán realizar unha visita auto guiada polo patrimonio xudeu conservado en ambas localidades.

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

A programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía da Rede deXuderías de España, inclúe actividades e eventos para todos os públicos, que se desenvolverán en Tui e Valença, baixo adenominación de: “Rutas Serfardís”. Colaboración de Rosario Sarmiento sobre arte.

O libro de Antón Riveiro Coello, “O paraíso dos inocentes”, gañador do premio Torrente Ballester 2019, chega ás librarías

Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosar as filas do exército. Ao mesmo tempo en Bruxelas, días antes do atentado terrorista de Zaventem, Alicia topa indicios desacougantes que a fan temer pola vida da súa parella.

Antón Riveiro Coello é o autor desta novela tecida a partir destas tres historias, unha novela envolvente, na liña do autor, escrita dende o interior de personaxes que atravesan o horror cos ollos abertos e buscan un exorcismo na loita, no exilio ou no compromiso solidario. Intentos deseperados de axustaren toda a dor á expectativa dunha reconstrución.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Entrevista a Antón Riveiro Coello por ‘O paraíso dos inocentes’

Diario Cultural das 10:30

Entrevistamos a Teresa Moure, quen ía coordinar un curso de verán sobre Carvalho Calero, que non se levou a cabo pola covid. 

Ademais presentamos a peza que VOLVOX, conxunto musical de lírica experimental, presenta para o concurso Musicando Carvalho Calero: O Río De Tempo

E a nosa colaboradora Alba Cid achéganos a reedición dun dos poemarios máis singulares de mediados dos noventa: A cidade Oculta de Estevo Creus. Orixinalmente publicárase en 1996 e agora Urutau presenta esta nova versión do poemario 24 anos despois, cun limiar breve para a ocasión de María Xesús Nogueira. 

 

“Tocar a pel do animal”, é un novo EP e mostra tamén de Elena Tarrats e Benxamín Prado

Tomar decisións sen distraerse. 5 cancións creadas en tempo presente para 5 fotografías. Porque arestora, máis ca nunca, tócanos estar presentes. 

Hai tempo que admiro a creación poliédrica de Benxamín. A súa música e as súas fotos, con eses títulos esenciais no conceptual. A proposta para este proxecto foi escoller cinco das súas fotografías (con cadanseu título), fecharnos nun estudio e crear no momento presente a paisaxe sonora, a música para cada unha das súas imaxes.

O proceso deste EP é un acto creativo en acción, en tanto que cada escolla, cada nota, se apreixou desde a presenza na consciencia. Cada vez fascíname máis a vivencia de que a voz ou o teu instrumento sabe perfectamente o que quere comunicar, só hai que renderse. 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

‘Tocar a pel do animal’, de Elena Tarrats e Benxamín Otero. Colaboración de Beli Martínez sobre audiovisual galego.

O FIC de Bueu afronta os pratos fortes da súa programación nestes días de curtametraxes da vila pontevedresa

A edición número 13 do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) está a ofrecer nesta semana o mellor cinema en formato curto do panorama internacional.
A FIC de Bueu está a proxectar distintas curtas durante a semana. As tardes gardan unha estrutura semellante de luns a venres, xa que ás 16, ás 18, ás 20 e ás 22 horas se desenvolverán as proxeccións dos cinco bloques da Sección Internacional.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu proxectará máis de 80 obras en sala.

O espectáculo de danza contemporánea e música electrónica SET estrease hoxe no Plataforma de Compostela

O festival Plataforma acolle hoxe a estrea de “SET”, un espectáculo de Paula Quintas e Nacho Muñoz

No seu segundo día, o festival de artes performativas Plataforma esgotou as entradas para a presentación de “SET”, o espectáculo de danza contemporánea e música electrónica en directo que Paula Quintas e Nacho Muñoz estrean baixo a dirección de Rut Balbís. 

Con esta peza, os artistas abordan os novos comportamentos e cinética social pola covid. Unha peza que, nun principio, ía ser de contacto e participativa e que agora deberá ser máis virtual. 

Pin It on Pinterest