Todas as colaboracións

Repamos as programacións da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia

Coñecemos hoxe con Luis Miguel Crespo un pouco máis das programacións da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia, dúas tempadas cargadas de grandes concertos que achegan o mellor da música clásica ao público das súas sedes no Auditorio de Galicia e no Coliseum coruñés, ademais de ao do resto das cidades galegas. Música dos mellores compositores da historia xunto con música de compositores e compositoras galegas, estreas absolutas, concertos didácticos, proxectos educativos… En definitiva, dúas grandes propostas que nos achegan cultura de xeito seguro en tempos tan incertos.

 

 

Contámosvos as últimas novidades no campo audiovisual e cinematográfico comezando polo Festival de Cine de San Sebastían

Comezamos polo Festival de Cine de San Sebastían e a participación galega nel, este percorrido que facemos da man da nosa colaboradora especialista Beli Martínez polas últimas novidades da gran pantalla.

Montse Pena danos hoxe as ‘Sete chaves para abrir os soños’ de Alfredo Gómez-Cerdá

Montse Pena danos hoxe as ‘Sete chhaves para abrir os soños’ de Alfredo Gómez-Cerdá, ilustrado por David Pintor e traducido por Isabel Soto para Kalandraka.

Exploramos as últimas novidades musicais, sinalando tamén a Alerta Vermella do sector cultural

A proposta desta semana comeza con Ginebras, un cuarteto feminino madrileño liderado pola galega Magüi Berto. O bado, Ginebras son parte do cartel do Barbeira Season Fest, en Baiona.
Máis adiante, do 25 ao 27 de setembro, celebrarase outro festival en Vigo: o Underfest, que conta coa participación dos composteláns Blanco Palamera.
Para despedir, anticipamos “Lilith”, o novo disco da catalana Maria Rodés, inspirado nas meigas e que se publicará o 2 de outubro.

Begoña Vázquez achéganos dúas estreas: Uno para todos de David Ilduain e a nova versión de Pinocho de Matteo Garrone

Begoña Vázquez achéganos dúas estreas: Uno para todos de David Ilduain que chega mañá aos cines e a nova versión de Pinocho de Matteo Garrone e cun protagonista coñecido, o actor Roberto Benigni. 

Visitamos as intervencións arqueolóxicas da Cova Eirós, en Triacastela

Visitamos Cova Eirós durante as intervencións arqueolóxicas que se desenvolveron no mes de agosto da man de Arturo de Lombera Hermida, codirector do proxecto e paleolitista. Con el visitamos o interior da gruta e informounos dos últimos resultados.

Cova Eirós é unha cova prehistórica situada no lugar de Cancelo, pertencente ao concello de Triacastela (Lugo). Contén un importante xacemento arqueolóxico do Paleolítico Medio con máis de 35.000 anos de antigüidade, así coma pinturas e gravados pertencentes á arte rupestre paleolítica.

As fillas bravas ou redescubrir o poder da ciencia dende o humor e a sabedoría da muller rural

A partir do mito de Casandra, as tres personaxes interpretadas por Patricia de Lorenzo, Arantxa Vilar e Mónica García fannos pasar unha divertida velada de música, teatro clásico, contos e reflexión. 
Nesta nova andaina das pandeireteiras de Chévere, que se acaba de estrear en Vigo, a actualidade non escurece a profundidade da cuestión: sempre houbo consellos sabios e ouvidos xordos para eles. Hoxe, o descrédito á verdade científica pode ser burda e rotundamente ignorada, como eran as profecías de Casandra por mor do castigo de Apolo. Serán estas mulleres empoderadas, libres, felices, abertas e sabias as Casandras dos nosos tempos? Será esta posta en valor da sabedoría popular, a sexualidade e a naturalidade sen dogmatismos unha evidencia do poder feminista dende o humor e o ecoloxismo?
Será este formato tan versátil e para todo tipo de públicos un novo xeito de darlle unha volta a certos formatos de humor paródico que se burla e perpetúa comportamentos homófobos, machistas ou xenófobos e que aínda vemos en certos programas televisivos? 
O noso colaborador Roberto Pascual fálanos das fillas bravas, fillas do vento, da liberdade, do que esconden os tópicos, do que nos ensina quen se move entre as silveiras da ignorancia e a soberbia de todos os tempos con beleza natural e afiadísimo humor.

Exploramos as últimas novidades da música do país comezando por Uxía e Sérgio Tannus

Viaxamos con Emilio Españadero na súa colaboración periódica co Diario Cultural polas últimas publicacións musicais dos artistas do noso país, mesmo con colaboracións internacionais coma a de Uxía.

Lara e Sabela é a última novela de Ignacio Vidal Portabales

Esta semana Armando Requeixo convídanos a ler a última novela de Ignacio Vidal Portabales: Lara e Sabela.

A historia que Lara e Sabela (Xerais) desenvolve preséntanos á propietaria dunha galería de Arte, Sabela, que namora dunha das pintoras que representa, Lara, e intenta conquistala aproveitando que esta fica soa ao lle morrer o marido.

Novela de amor e de humor, Lara e Sabela achéganos ao complexo mundo dos circuítos profesionais de Arte e pon ao descuberto a fina liña que separa a ética e a estética nestes eidos.

 

 

Falamos da mostra “Tecer os referentes” da artista Elisa Torroba na Fundación Laxeiro de Vigo.

Tecer os referentes” é a primeira mostra individual en Galicia desta artista malagueña, onde retorna despois de cursar  o Máster en Arte Contemporánea da facultade de Belas Artes de Pontevedra no ano 2014, planteandonos una visión crítica sobre o papel do libro como mecanismo de construción cultural.
A artista busca desmontar, disolver e fragmentar o libro para volvelo montar de forma diferente, deconstruíndo e pervertendo as súas estruturas, construíndo unha nova orde matemática e incidindo na realidade híbrida que o libro vive na actualidade e na modificación da súa linguaxe na sociedade dixital.
A medio camiño entre a Instalación, a escultura e a documentación, Terroba propón na mostra unha montaxe articulado formalmente a partir de tres soluciones técnicas, como son o tecido de papel, colgado en parede como un cadro convencional, a escultura en papel e o libro intervido.
O proxecto enmárcase na investigación que esta  xoven artista leva realizando nos últimos anos sobre o significado do libro como ferramenta de transmisión de coñecemento

Pin It on Pinterest