Todas as colaboracións
Ofrecemos unha escolma de fusións e curiosidades musicais, de recente publicación, a cargo de Laroá, Maianas, A Banda Da Loba e Nelson Quinteiro & Brais González
Ofrecemos hoxe unha escolma de fusións e curiosidades musicais (de recente publicación) a cargo de Laroá, Maianas, A Banda Da Loba e Nelson Quinteiro & Brais González.
Ademais, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, escoitamos unha das pezas incluidas no novo traballo discográfico que o grupo A Quenlla presentará no programa: “Trobador No Camiño (As Cantigas De Martín De Padrozelos)”.
‘Diario dun enterro’, de Gonzalo Hermo, e ‘A luz da chuvia’ do que son coautores Delfín Caseiro e mais Antón Jardón
Esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura de dúas novidades narrativas: a novela Diario dun enterro, de Gonzalo Hermo, e mais o libro de relatos A luz da chuvia, do que son coautores Delfín Caseiro e mais Antón Jardón.
Diario dun enterro (Galaxia) achéganos a historia dun escritor novo, Xacobe, que vive en Barcelona e ten que regresar a Eiradona, a súa localidade natal en Galicia, para asistir ao enterro de seu avó. A narración, que se nos presenta baixo fórmula diarística, vainos relatando o que acontece dende que Xacobe sabe do pasamento do seu familiar ata que rematan as exequias e regresa a Catalunya, polo que a acción se concentra en apenas tres días. Tan intensa vivencia obriga ao protagonista a repensalo todo: as relacións que mantén coa familia e co seu namorado, a distancia que o separa da súa terra, o contraste entre a vida urbana barcelonesa e a do rural galego e todas as circunstancias que caracterizan a súa vida como escritor en precario.
A luz da chuvia (Toxosoutos) é un conxunto de dez relatos protagonizados por diversos personaxes que deambulan pola Galicia interior dos tempos da Posguerra, aturando unha vida chea de miserias e de friaxes. Nestas historias os espazos, os ritmos e ciclos da natureza, amais dos códigos herdados da tradición teñen unha importancia decisiva para entender o proceder dos personaxes, en moitos sentidos arquetipos dunha Galicia eterna que aos aproxima aos modelos da literatura oral e popular.
Comeza a exposición fotográfica de Xoán Piñón na Coruña
“O contaxio” de Xabier Xil Xardón e Elías Knor
Na súa colaboración sobre poesía, Alba Cid estrea este 2020 con dúas recomendacións sobre os últimos lanzamentos: ‘O contaxio’ de Xabiel Xil Xardón con Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez; e o volume recompilatorio coas súas propias traducións de Elías Knorr, o alter ego do cangués Elías Portela.
Neste 2020, cúmprense 10 anos da aparición do “Novo Cinema Galego”
O 2 de xaneiro de 2010, Martin Pauli acuñou por primeira vez o concepto de Novo Cinema Galego. Fíxoo nunha publicación no extinto Xornal de Galicia, onde se referiu ao 2010 como o ano máis importante na historia do audiovisual galego. A nominación en Cannes de “Todos sodes capitáns” (Oliver Laxe, 2010) iniciou esta etapa que este 2020 celebra o seu 10 aniversario.
As masculinidades alternativas no centro do comentario semanal de Montse Pena
Comezamos a temporada rock 2020 co grupo galego “SOLRAIN”, que tocará na sala Mardi Gras da Coruña este sábado 11 de xaneiro
Comezamos a temporada rock 2020 co grupo galego SOLRAIN, que se inspira na escola clásica do xénero e tocará na sala Mardi Gras da Coruña este sábado acompañando a Polisong. O domingo, Santi Araújo ofrecerá un concerto moi especial no pub Modus Vivendi de Santiago de Compostela interpretando o repertorio de La Familia, o grupo que liderara hai case unha década. Completan a nosa axenda os arxentinos Él Mató A Un Policía Motorizado, que visitarán Galicia en breve. E, para despedir, un anticipo do novo disco de Echosmith.
A premiada ‘1917’ e ‘El faro’ chegan aos cines
A directora de Sala 5 Begoña Vázquez recomenda nunha semana chea de estras os filmes ‘1917’ premiada nos Globos de Ouro e ‘El faro’.
Os filmes de Sam Mendes e Robert Eggers destacan entre a decea de cintas que chegan este venres aos cines.
Repasamos o máis destacado da arqueoloxía galega no 2019
Facemos, da man de Mario César Vila, un repaso do máis destacado da arqueoloxía galega no 2019.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- …
- 175
- Seguinte ›