Todas as colaboracións

‘O can de Milú’ e ‘A que cheiran as cores’ con Montse Pena

A nosa colaboradora especialista en literatura infantil e xuvenil Montse Pena recomenda dúas novas obras moi agardadas, unha para cada tipo de público: ‘O can de Milú’ e ‘A que cheiran as cores’.

Paul McCartney presenta novo disco con dúas cancións inéditas: “Home tonight” e “In a hurry”

Presentamos unha das novísimas cancións de Paul McCartney, que tamén anunciou un recital en Barcelona en 2020. E centrámonos nalgunhas das citas musicais desta fin de semana: Kiko Veneno estreando o museo MEGA de Estrella Galicia como recinto de concertos (venres 29), as portuguesas Anarchicks regresando a Galicia para tocar en Compostela (venres 29) e Cangas (bado 30) e os nosos clásicos Heredeiros da Crus enchendo a sala Capitol (bado 30).

Entre pais e fillos: ‘A odisea dos Giles’ e ‘A filla dun ladrón’

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, trae esta semana como recomendacións na carteleira películas entre pais e fillos:

“A odisea dos Giles” con Ricardo e Chino Darín; e “A filla dun ladrón” con Greta Fernández e o seu pai Eduard.

Lembramos a figura de Purita Campos, gran expoñente da banda deseñada nacional

Lembramos, da man de Carlos Portela, a figura de Purita Campos, gran expoñente da banda deseñada nacional. 

Angel de la Calle presenta nova obra: “Pinturas de guerra”. 

O III Programa Residencias Paraíso con Rut Balbís

A nosa colaboradora en artes escénicas Rut Balbís, falou esta semana dos programas “Residencias Paraíso”. Este mes de novembro remataron a súa terceira edición, co apoio de AGADIC e o colectivo RPM.

Ofrecemos hoxe un adianto de “Non Hai Fallo”, o novo disco do grupo Abóbriga que presentarán o vindeiro domingo no programa Lume Na Palleira

Ofrecemos hoxe un adianto de “Non Hai Fallo”, o novo disco do grupo Abóbriga que presentarán o vindeiro domingo no programa Lume Na Palleira.

Tamén falamos con Ramón Dopico sobre as distintas actividades previstas na XI Xornada De Cultura Popular Galega, organizada en San Sadurniño por Berros Do Castro.

‘Formigas nos pés’, de Nazaret López, e ‘A casa xunto ao volcán’, de Xosé Ricardo Losada

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura das novelas Formigas nos pés, de Nazaret López, e mais A casa xunto ao volcán, de Xosé Ricardo Losada.

Formigas nos pés (Xerais) é o relato dun desamor, da ruptura amorosa dunha parella de moitos anos. Unha muller na fronteira dos cincuenta ten que se reconstruír deixando atrás o que foi o amor da súa vida, con todas as renuncias, feridas e sombras que a nova situación lle trae, mais esperanzada en atopar unha luz ao final dese longo e doloroso proceso que a obriga a renacer das súas propias cinzas.

A casa xunto ao volcán (Galaxia) é a historia de Xeila, unha rapaza de dezasete anos que, por mor do traslado laboral de seus pais, pasa de vivir en Ourense a estudar nun instituto de Rianxo. Este cambio, unido ás ensinanzas dun seu exprofesor de Filosofía, levarán a Xeila a reformular a súa vida e as relacións que mantén coas persoas que a rodean, facendo que abrollen novas personalidades súas ata entón ocultas.

Rosario Sarmiento achéganos á mostra “Carlos Maside e o Debuxo Artístico: escolma de viñetas na prensa”, na Fundación Laxeiro de Vigo

Tratase dunha pequena pero interesante escolma de corenta bosquexos e debuxos preparatorios das viñetas que Carlos Maside publicou no xornal El Pueblo Gallego, neste caso, no período 1927 – 1936. 

Todas as obras incluídas na exposición forman parte do legado dos herdeiros do artista, depositado no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, en Sada, A Coruña. 
 
A exposición inclúe as reproducións das páxinas do xornal El Pueblo Gallego onde estas viñetas foron publicadas, posibilitando deste xeito, por unha banda, a contemplación do debuxo rematado, convertido xa en viñeta, cos textos que o autor lle engadía e, por outra banda, ler as noticias que se publicaban ese día na páxina onde ía inserida cada viñeta

A obra ‘Onde nacen as hedras’ coa que Ana Varela gañou o Premio Gonzalo López Abente

A obra ‘Onde nacen as hedras’ coa que Ana Varela gañou o Premio Gonzalo López Abente e que vén de publicar Xerais no centro do comentario de poesía con Alba Cid.

Cancións coma cartas. Unha nova entrega da sección ‘Fan Fan’ con Cibran Tenreiro

Cancións dedicadas de Bob Dylan a Woody Guthrie, de David Bowie a Bob Dylan, de Cecilia a The Beatles ou dos galegos Marrones Burócratas a J Mascis de Dinosaur Jr.

Pin It on Pinterest