Todas as colaboracións

Escoitamos a José Manuel Tejedor e a María do Ceo

Ofrecemos hoxe un petisco músical do disco publicado “en solitario” polo gaiteiro asturiano José Manuel Tejedor.

Ademais (en primicia) un adianto moi especial do novo disco de María Do Ceo, titulado “A Fadista”, que a grande dama galega do fado presentará en Lume Na Palleira o vindeiro domingo.

Escoitamos pezas de Muxicas e Anxo Lorenzo

No adianto de contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo escoitamos pezas dos históricos Muxicas e de Anxo Lorenzo.

Falamos ademais con Xosé Lois Romero sobre o novo proxecto musical do que forma parte, AccordTrio. O grupo ofrecerá esta semana en Asturias e Galicia unha serie de concertos de presentación do seu primeiro disco.

Os temas inéditos de José Mário Branco

Ofrecemos hoxe un par de mostras do traballo discográfico publicado polo portugués José Mário Branco no que recolle temas inéditos gravados entre os anos 1968 e 1999.

Tamén, en primicia, un adianto do que será o cuarto disco do grupo Barahúnda. Un traballo titulado “Onde Vai O Mar?” co que festexarán o seu vixésimo aniversario e que presentarán, o vindeiro domingo, en Lume Na Palleira.

Escoitamos o novo disco do dúo portugués Alma Menor

Ofrecemos hoxe un adianto dos dous discos chegados de fóra de Galicia que serán presentados, polos seus respectivos responsables, no Lume Na Palleira do vindeiro domingo.

En primeiro lugar o disco “Em Tons De Aguarela” gravado polo dúo portugués Alma Menor. E, a continuación, o novo traballo discográfico do grupo catalán Riu ao que titularon “Delta”.

Última oportunidade para gozar de ‘ConSentimento’, de Leilía

Conversa con Montse Rivera sobre a última oportunidade de gozar en directo do espectáculo “ConSentimento” das Leilía
Tamén ofrecemos unha das pezas incluídas no primeiro disco editado polo grupo Zoelas. Un traballo que nos presentarán o vindeiro domingo en Lume Na Palleira.

Música de raíz coa coral de Ruada

Na colaboración de hoxe adiantamos os contidos do Lume Na Palleira do vindeiro día 11. Connosco estará, dentro da sección do Recuncho Da Palleta, a Coral de Ruada. Nesa visita festexaremos o seu centenario e falaremos do Premio Xabier Prado “Lameiro”, concedido ao programa na edición deste ano. Tamén adiantamos unha das pezas incluidas no seu segundo disco polo grupo Encrucillada. Un traballo que nos presentarán o vindeiro domingo en Lume Na Palleira.

Xabier Díaz é o homenaxeado da XXX Xuntanza de Gaiteiros

Como cada luns Emilio Españadero repasa a última actualidade en música tradicional. Xabier Díaz será o homenaxeado da próxima Xuntanza de Gaiteiros e o grupo Leirabuxo xa ten preparada a presentación do seu segundo traballo discográfico.

Pin It on Pinterest