Todas as colaboracións

As últimas novidades sobre o Festival de Ortigueira

Ofrecemos hoxe con Emilio Españadero unha mostra das formacións de fóra de Galicia que xa teñen confirmada a súa participación na edición deste ano do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira: Gwendal, Moving Hearts, Project Smok, Shooglenifty, Flook e Beltaine.

Que grupos están confirmados para o Festival de Ortigueira?

Nesta sección cultural con Emilio Españadero falamos das formacións galegas que xa teñen confirmada a súa participación na edición deste ano do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Nesta edición contaremos coa Escola de Gaitas de Ortigueira, Anxo Lorenzo Band, A.C. O Fiadeiro, Tanxugueiras e Leilía.

Escoitamos novas composicións de Lirolai e Arume

Escoitamos hoxe unha mostra dos respectivos traballos que acaban de publicar os grupos Lirolai e Arume.

Ofrecemos ademais o segundo adianto de Fulgor, o que vai ser o novo disco de Xosé Manuel Budiño, que sairá á venda o venres 25 e que presentará en Lume Na Palleira o vindeiro domingo.

Trioprata publica o traballo ‘Son Da Maía’

En primeiro lugar a música de Trioprata, que veñen de publicar o Libro-CD ‘Son Da Maía’ e que serán protagonistas esta semana (entre outros) dun novo Serán en Compostela.

A continuación uns sons moi especiais, chegados desde Cataluña, dos que é responsable o tocador de banjo Lluís Gómez.

Por último, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, a música de Cantares Do Brión que presentarán o seu segundo disco “A Raís”.

Cantares do Brión pecha o seu disco con ‘A Raís’ de Sés

Ofrecemos hoxe unha peza moi especial, da autoría de Mará Xosé Silvar “Sés”, que pecha o novo traballo discográfico A Raís do grupo coral Cantares do Brión.

Ademais, e como adianto das entrevistas do vindeiro domingo en Lume Na Palleira, escoitamos a música de José Climent, un histórico do folk castelán co que falaremos do seu novo traballo Luciérnagas (Pirilampos) e a do grupo galego Fonteliño, que nos presentarán o seu segundo disco, Rueiras.

‘Fulgor’, o novo disco de Xosé Manuel Budiño

Ofrecemos hoxe un adianto de “Fulgor”, o novo traballo discográfico que Xosé Manuel Budiño publicará no vindeiro mes de xaneiro de 2019.

Tamén lembramos a colaboración do propio Budiño no libro-disco “Galiza”, que fora publicado en 2013 polo trikitilari vasco Kepa Junkera a quen lle desexamos unha pronta recuperación do seu actual problema de saúde.

Por último, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, un canto de nadal interpretado por Tino Baz.

Escoitamos a José Manuel Tejedor e a María do Ceo

Ofrecemos hoxe un petisco músical do disco publicado “en solitario” polo gaiteiro asturiano José Manuel Tejedor.

Ademais (en primicia) un adianto moi especial do novo disco de María Do Ceo, titulado “A Fadista”, que a grande dama galega do fado presentará en Lume Na Palleira o vindeiro domingo.

Escoitamos pezas de Muxicas e Anxo Lorenzo

No adianto de contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo escoitamos pezas dos históricos Muxicas e de Anxo Lorenzo.

Falamos ademais con Xosé Lois Romero sobre o novo proxecto musical do que forma parte, AccordTrio. O grupo ofrecerá esta semana en Asturias e Galicia unha serie de concertos de presentación do seu primeiro disco.

Os temas inéditos de José Mário Branco

Ofrecemos hoxe un par de mostras do traballo discográfico publicado polo portugués José Mário Branco no que recolle temas inéditos gravados entre os anos 1968 e 1999.

Tamén, en primicia, un adianto do que será o cuarto disco do grupo Barahúnda. Un traballo titulado “Onde Vai O Mar?” co que festexarán o seu vixésimo aniversario e que presentarán, o vindeiro domingo, en Lume Na Palleira.

Escoitamos o novo disco do dúo portugués Alma Menor

Ofrecemos hoxe un adianto dos dous discos chegados de fóra de Galicia que serán presentados, polos seus respectivos responsables, no Lume Na Palleira do vindeiro domingo.

En primeiro lugar o disco “Em Tons De Aguarela” gravado polo dúo portugués Alma Menor. E, a continuación, o novo traballo discográfico do grupo catalán Riu ao que titularon “Delta”.

Pin It on Pinterest