Todas as colaboracións

Manuel Vicente divulga ciencia desde Atapuerca

Manuel Vicente fala connosco desde Burgos, onde acaba de desenvolverse o Congreso de Comunicación Social da Ciencia. Na súa viaxe non faltaron visitas ós xacementos de Atapuerca e ao Museo da Evolución Humana. 

Swing en Galicia con Alfonso Espiño

Swing en Galicia con Alfonso Espiño

Facemos un percorrido pola obra de Oliver Laxe

Tempo de cine coa nosa experta Beli Martínez. Facemos un percorrido pola obra de Oliver Laxe dende as súas primeiras curtas ata a gran premiada e recoñecida ‘O que arde’.

Bechos que se rebelan!

“Bechos que se rebelan” no comentario semanal de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas que nos trae dúas traducións: ‘O granxeiro e o veterinario’ e ‘Bechopoemas’.

Tito Lesende lévanos de paseo polos universos do pop e do rock

Os Maigos dos Músicos, Allah – Las, Agoraphobia e Guadi Galego protagonizan esta sección. 

“O que arde” chega por fin a 20 salas en Galicia

A directora de Sala 5 Begoña Vázquez, recoméndanos nas estreas de cine desta semana a chegada de “O que arde” a 20 salas en toda Galicia e 29 no resto de España.

Publícase ‘Mies’, de Agustín Ferrer Casas

Falamos de banda deseñada. Carlos Portela achéganos ó Mies de Agustín Ferrer Casas e tamén ao Benzimena de Nina Bunjevac. 

Dúas estreas: Crónicas do paraíso de Sarabela e Karelu d’Os Náufragos

O inicio da tempada teatral déixanos dúas estreas: a da histórica compañía ourensá Sarabela e a da nova compañía Os Náufragos.
No caso da primeira, trátase dunha peza inspirada n’As Crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro, dirixida polo actor da compañía Elefante Elegante Gonçalo Guerreiro. Un espectáculo con reminiscencias á road trip, ao xénero da maxia ou ao spaghetti western. Cómica, simbólica e crítica, esta viaxe ao mundo da fantasía de Cunqueiro e á cobiza do mundo actual, lévonos a gozar de fermosas imaxes nas que destancan os fondos de cor do escenógrafo Baltasar Patiño, que siluetean a uns personaxes corais que nos irán descubrindo a inmortalidade dos pecados capitais.
Karelu foi a estrea d’os Náufragos en abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e que estes días se presentou en escenarios de Santiago de Compostela e Vigo. A obra, orixinal de Gustavo del Río e Ismael Gil Candal, conta coa interpretación de Santi Cuquejo e Denís Gómez e proponnos unha visión sobre as diversas masculinidades, así como a pegada e a reconciliación coa violencia paterna nunha visita á casa familiar e aos obxectos e paisaxes do recordo infantil. 
Dúas estreas do noso teatro para vermos na tempada en escasos lugares até o momento…

Escoitamos irmandamentos musicais con Guadi Galego

Ofrecemos hoxe diversos irmandamentos musicais a cargo das voces femininas de Guadi Galego, Marina Rossell, Julia León e Gaizca Project.

Ademais, como adianto dos contidos do Lume Na palleira do vindeiro domingo, escoitamos unha das pezas incluidas no primeiro disco do grupo Os Escaravellos.

‘Dende Finlandia con amor’, de Roman Schatz, e ‘A virtude de Checchina’, de Matilde Serao

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas traducidas: Dende Finlandia con amor, de Roman Schatz, e A virtude de Checchina, de Matilde Serao.

Dende Finlandia con amor (Esplanadi) foi traducido por Tomás González Ahola e é o relato do mundo finlandés visto por un alemán asentado no país nórdico dende hai moitos anos. Tal como o propio autor declara no limiar, con este libro non pretende “ofender nin facer enfadar a ninguén, senón entreter os meus lectores, sexan estranxeiros que viven aquí e sofren o choque cultural, ou sexan finlandeses cunha autoestima a proba de bomba e cun saudable sentido do humor”. Cheo de ironía e fina observación, Schatz revélanos as curiosidades do xeito de vivir destes veciños do norte, por veces abondo xenuíno e difícil de comprender, mais sempre curioso e sorprendente.

A virtude de Checchina (Hugin e Munin) é unha novela breve traducida por Isabel Soto que nos presenta a vida dunha dama romana, aburridamente casada cun médico rosmón e avaro, que un día cruza co Marqués d’Aragona, recoñecido donxoán, e sente a tentación do adulterio. A partir dese momento todo o seu mundo cambia, debaténdose entre os consellos da súa amiga Isolina, unha dama liberada que vive con ledicia o libre amor, e a súa serventa Susanna, beata cismona á que todo lle semella pecaminosa obra de Satán. As conversas con estas e, sobre todo, o cismar que a mente soñadora de Checchina desata constitúen o nó desta narración que desenvolve unha fonda crítica á hipocrisía dos convencionalismos sociais e á anulación da liberdade persoal esmagada pola máis resesa moral.

Pin It on Pinterest