Todas as colaboracións
“Palabras contra a violencia”: ‘O grupo’ de An Alfaya e ‘Bicos e non balas’ de Antonio García Teijeiro.
Montse Pena Presas aborda as ‘palabras contra a violencia’ a través de dous libros: ‘O grupo’ de An Alfaya e ‘Bicos e non balas’ de Antonio García Teijeiro.
Lugo prepárase para o Caudal Fest
Esta fin de semana hai dous eventos pop. Un de interior: o Caudal Fest, os días 20 e 21 en Lugo, que pon a guinda aos grandes festivais do verán. A piques de esgotarse a capacidade do recinto, milleiros de persoas estarán en Lugo para ver, entre outros, a Xoel López.
Pero, se preferimos costa, temos este sábado outra convocatoria na beira do mar: o Barbeira Season Fest, en Baiona, o sábado 21 de setembro. Entre os participantes está o grupo de trap en galego Boyanka Kostova.
O lanzamento discográfico importante da semana é o debut de Amaia Romero, a navarra gañadora de OT 2018, que dende o principio tratou de desmarcarse da corrente máis comercial doutros ex participantes nese concurso.
E, para despedir, ímonos preparando para a Festa do Marisco do Grove (3 a 12 de outubro), que xa anunciou unha programación musical na que destacamos nesta ocasión á irlandesa Imelda May, que recunca en Galicia.
Ad Astra, o novo filme de Brad Pitt, chega ós cines
Na súa colaboración semanal, a directora de Sala 5 Begoña Vázquez trae tres propostas cinematográficas:
“Ad Astra”, o novo filme espacial protagonizado por Brad Pitt; a existosa serie “Dowtown Abbey” que chega aos cines; e “Cegado pola luz”, baseado na vida de Bruce Springsteen
Como naceron os cómics de Batman?
Carlos Portela
Recursos web para o teatro galego
Escoitamos a grande fadista Maria Amélia Proença
Comezamos a nova tempada de colaboracións con moita música portuguesa e o protagonismo da grande fadista Maria Amélia Proença, o instrumentista Márcio Pinto homenaxeando ao Zeca Afonso e o propio José Afonso ao vivo en dúas gravacións históricas publicadas este mesmo ano.
Ademais, como adianto dos contidos do próximo Lume Na Palleira , ofrecemos unha das pezas incluidas polo grupo Os Melidaos no seu novo disco. Un traballo que presentarán no programa o vindeiro domingo.
Xulio Lorenzo presenta o seu novo traballo, ‘Volver Soñar’
En primeiro lugar escoitamos hoxe unha peza de orixe portuguesa que Xulio Lorenzo incluíu no seu novo traballo “Volver Soñar”, un disco que presentará o vindeiro domingo no programa Lume Na Palleira.
A continuación, aproveitando esa ollada ao veciño Portugal, ofrecemos dúas novidades discográficas do país veciño. En primeiro lugar o novo disco dun supergrupo no que se reunen os talentos de Celina da Piedade, Serafim, João Gil, Vicente Palma, Paulo Ribeiro, Sebastião Santos, Tim e Vitorino. Todos eles e ela forman osTais Quais.
Como peche escoitamos o novo disco dos Gaiteiros De Lisboa, un grupo xa histórico que nunha das pezas do seu novo traballo homenaxean ao gran Faustino Santalices.
Imos ata a exposición do artista Patrick Hamilton en Santiago
“200 gramos de patacas tristes”, do poeta berciano Juan Carlos Mestre
A obra ‘200 gramos de patacas tristes’ do poeta berciano Juan Carlos Mestre na ollada da crítica literaria Alba Cid. O primeiro poemario en galego do autor xunta máis dun centro de poemas en prosa que publica Espiral Maior na súa colección Alba Longa.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- …
- 175
- Seguinte ›