Todas as colaboracións

Arredor de ‘Don Giovanni’ na Temporada Lírica da Coruña

 

Arredor de ‘Don Giovanni’ na Temporada Lírica da Coruña. O noso colaborador Luis Miguel Crespo achéganos ao argumento, elenco e historia dunha ópera que a primeira vez que se representou en España foi, precisamente, na Coruña en 1798.

 

Indagamos na orixe galega do músico de New Jersey Neal Casal

Indagamos na orixe galega do músico de New Jersey Neal Casal, falecido aos 50 anos. Matias Tarrío inaugura a nova temporada de colaboracións con este Viva Neal Casal!

O cine galego, no Festival de Cine de Toronto

Beli Martínez define como ‘histórico’ o éxito do cine galego no Festival de Cine de Toronto. Catro películas galegas chegaron ata estes prestixiosos premios.

Os monstros como elemento central da literatura infantil

Un personaxe destacado da literatura infantil, o monstro, no centro da colaboración semanal de Montse Pena Presas a través dunha novidade e un clásico: Somos os monstros, de Paula Carballeira, e Onde viven os monstros, de Maurice Sendak. 

O Festival da Luz en Boimorto

A colaboración musical de Tito Lesende

Cal é a situación do FITO de Ourense logo da retirada de apoio por parte do Concello?

A situación do FITO de Ourense logo da retirada de apoio por parte do Concello ourensán e o texto dramático ‘O día no que bicar a terra’ de AveLina Pérez no comentario semanal de artes escénicas con Roberto Pascual.

‘As fauces feroces’ e ‘Sándalo’, primeiras recomendacións deste nova tempada de Armando Requeixo

Comeza setembro e Armando Requeixo regresa para nos recomendar dúas novelas coas que acompañar esta fin de verán: Sándalo, de María Xosé Queizán, e As fauces feroces, de Emma Pedreira.

Sándalo (Xerais) é unha longa narración que explora os camiños cruzados de Galicia e Cuba nos últimos dous séculos. Unha andaina por veces paralela por veces converxente, que aquí espella en personaxes dacabalo entre a ficción e a inspiración real e que, a través da historia dunha saga familiar, vai mergullándonos nalgúns dos máis destacados episodios de ambos os territorios. Un relato con abondosos saltos temporais e voces do discurso, que brilla na súa traballada prosa e amalgama con acerto a eficiencia periodística e o requinte literario.

As fauces feroces (Baía) é un relato de voces cruzadas, de historias en cadoiro. Dunha parte, a narración da complexa relación que nos nosos días manteñen unha nai e a súa filla e, doutra banda, a intensa relación que une a monxa italiana Benedetta Carlini e a súa compañeira Bartolomea nos tempos da Contrarreforma. Dous tempos e dous mundos, pero unha mesma esencia: a reflexión sobre a diversidade dos afectos, a sexualidade, a maternidade e o libre albedrío, tamén si o mundo da escrita e o propio proceso de creación literaria.

Publícase o novo poemario de Samuel Solleiro

Publícase o novo poemario de Samuel Solleiro, en Chan da Pólvora.

Cales son as citas musicais desta fin de semana?

Mikel Erentxun é un dos protagonistas das Festas de Ferrol. Falamos das citas musicais desta fin de semana.

Pin It on Pinterest