Co mes de setembro comezan os ‘Espazos Sonoros’
Co mes de setembro comezan os ‘Espazos Sonoros’
Co mes de setembro comezan os ‘Espazos Sonoros’
A Sociedade de Blues de Compostela e os grupos arredor dela no centro da colaboración do músico e historiador Alfonso Espiño: “Riqueza, variedade e calidade son valores evidentes en todos estes proxectos, dos que persoalmente me gustaría destacar que non adoitan ter moita exposición mediática nin formar parte dos carteis dos grandes festivais, aínda que o merezan. O traballo do día a día e o contacto directo co público fainos ser realistas e coñecedores da humildade e a honestidade musical, principios cada vez máis escasos no panorama sonoro contemporáneo”
A reedición dun libro totémico: Libro da Ribeira Sacra [Cinsa do vento] de Emilio Araúxo (Biblioteca de Mesopotamia, 2019)
Libro da Ribeira Sacra [Cinsa do vento], publicado inicialmente en Noitarenga (1996) e recuperado agora como terceiro volume da Biblioteca de Mesopotamia —selo impulsado por Chan da Pólvora—, era o libro co que Emilio Araúxo (Coles, 1946) fendía a década dos 90 e comezaba unha peculiar traxectoria entre o pensamento e a tradución, a fotografía e a escrita, a edición e os cruces xenéricos. Volume inusual en termos de extensión, meticulosidade e enunciación, distante das máis das “estéticas da representación” que coñecemos, pode percorrerse como unha enciclopedia do territorio citado, cunha forte condición de sedimento ou legado, marcado pola multiplicidade de voces e a fluidez. Acompaña a reedición un prólogo demorado de Arturo Casas que achega categorías posíbeis, ferramentas críticas para acompañar a escrita de Araúxo.
Na colaboración de Rosario Sarmiento presentamos a exposición ‘Eu sempre soñei ser a miña historia’, unha homenaxe ao artista José Vázquez Cereijo, que faleceu hai tres anos en Lugo, a súa cidade natal.
A mostra xa está aberta no Museo Provincial de Lugo.
A banda deseñada Huyamos por la izquierda: las crónicas del León Melquíades, no centro da colaboración de Carlos Portela. Unha sátira sobre a caza de bruxas nos EUA nunha revisión do universo da produtora Hanna-Barbera con guión de Mark Russell e debuxo de Mike Feehan.
Cal é a relación entre as imaxes e a música? Xogamos coa canción ‘Brotar’, do grupo vigués Alifáfaro.
A escritora alemá Ursula Wölfel no centro da colaboración de literatura infantil e xuvenil de Montse Pena que recomenda dúas obras súas traducidas ao galego en Kalandraka.
Detrás do verán chegan os lanzamentos discográficos e botamos unha ollada a algunhas das publicacións máis inminentes. Tamén lembramos “Grace”, de Jeff Buckley, un dos álbums fundamentais para o pop alternativo dos 90, que este venres cumpre 25 anos.
Neste espazo cultural falamos dunha proposta do país: Ortiga abre esta fin de semana o Festival Ribeiro Son de Viño na Fundación Luís Seoane da Coruña. Tamén é un dos novos artistas confirmados para o Caudal Fest, que se celebra en Lugo en setembro.
Así comezamos a colaboración de hoxe con Tito Lesende.
Luís Miguel Crespo fálanos do Festival Bal e Gay de música clásica.