Todas as colaboracións

Tradúcese ao galego a poesía de Emily Dickinson e Robin Myers

Dúas poetas norteamericanas, entre o XIX e o presente: Herba abraiada. Poemas de Emily Dickinson (Rinoceronte, 2019) e Este é o agasallo que lle dou ó meu corpo de Robin Myers (Tulipa, 2018)

Herba abraiada. Poemas de Emily Dickinson (Rinoceronte, 2019), escolma e tradución a cargo de Marta Dahlgren e Manuel Forcadela, permítenos achegarnos á escrita dunha autora clásica da literatura norteamericana. Nacida en Amherst (1830), sobre a poeta pesou historicamente a forza do “mito”, o veo da reclusión e o illamento, felizmente en proceso de revisión. Trátase dunha edición bilingüe, presentada cronoloxicamente e guiada por criterios de representatividade, que privilexia o ritmo. Unha oportunidade para revisar a brevidade, precisión e orixinalidade da autora, así como o seu pensamento.

Este é o agasallo que lle dou ó meu corpo (Tulipa, 2018) é unha das plaquettes da colección 10×15 da compostelá Tulipa Editora. Esta escolma da poeta norteamericana Robin Myers (1987), da man da tamén poeta e tradutora coruñesa Claudia González Caparrós, alíñase cun dos propósitos da editora, o de promover traducións da escrita internacional. Un modo de descubrirmos unha obra directa, modulada a través de poemas longos e magnéticos que parten da observación e do cotiá, do experiencial e do corpóreo para afondar nunha identidade en movemento.

Facemos balance do Feito a Man nos Concertos Escolleitos

O festival Feito a man, o aniversario do Liceo Mutante ou o Festival dos Eidos na sección ‘Concertos Escolleitos’ de Matías Tarrio. 

Falamos dos Premios Eisner e da obra “Os meus heroes sembre foron ionquis”

Os premios Eisner e a obra ‘Os meus heroes sembre foron ionquis’ de Ed Brubaker e Sean Phillips na colaboración semanal de banda deseñada con Carlos Portela. 

Que imaxe evoca a canción ‘Morriña’ de Baiuca?

Que imaxe vén á nosa imaxinación mentres escoitamos unha canción? Xogamos coa imaxinación na sección de Cibrán Tenreiro.

O Festival Groba e a traxectoria de Rogelio Groba

Falamos do Festival Groba e a traxectoria de Rogelio Groba.

Teatro de rúa galego: Diverso, crecente e de calidade no verán

O verán é moi propicio para as actividades ao aire libre e hoxe queremos facer unha breve escolma de compañías galegas de teatro de rúa, con moita presenza en programas de festas, ciclos ou actividades vacacionais; da man de Roberto Pascual
Moitas compañías deciden especializarse neste ámbito e as propostas son cada vez máis competitivas, pois máis ca encher de actividades un programa, a calidade e a creatividade priman, ao igual ca noutros ámbitos da profesionalización teatral.
Queremos, pois, sinalar os espectáculos Ghop!, da nova compañía Teatro ao Cubo e o premiado Oh limpiadas, da compañía Sincronacidas. 
A primeira é unha divertida, participativa e virtuosa fusión de circo, maxia, monicreques e humor arredor do propio mundo do espectáculo, das virtuosas habilidades e da idea de divertimento. A segunda, sen renunciar a iso, proponnos unha reflexión sobre o rol e presenza das mulleres no mundo do deporte e polo tanto, unha visión crítica sobre a desigualdade. 

Facemos balance do Festival Noroeste e falamos de Laura Lamontagne

Crónica do Festival Noroeste na segunda entreda dos Concertos Escolleitos de Matías Tarrio. Na recomendación preséntanos en primicia como soarán os novos temas de Laura Lamontagne que actúa esta fin de semana no Carballiño e Burela.

Falamos do XI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

O XI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, no centro da colaboración de artes plásticas e visuais de Rosario Sarmiento. 

Coñecemos “A Chaira”, o último traballo de Antonio Seijas

 

A nova novela gráfica de Antonio Seijas, ‘A chaira’, publicada por Alita Comics no centro da colaboración semanal de banda deseñada de Carlos Portela.

 

Pin It on Pinterest