Todas as colaboracións

Programa especial polo concerto de Mark Knopfler

O Diario Cultural emite hoxe un programa especial dende o Coliseum da Coruña donde esta noite actuará o fundador dos ‘Dire Straits’, Mark Knopfler, coa súa xira mundial ‘Down the road wherever’.

Temos con nós ao noso colaborador Tito Lesende e a óscar Rosende da banda tributo a Knopfler.

Lemos libros para a rapazada sobre as “diferenzas”

Hoxe falamos de libros que abordan a diferenza, ou máis ben sentirnos diferentes, a través de perspectivas complementarias.

‘Distinta’ de Sozapato e Beto Valencia, traducida por Manuela Rodríguez para Kalandraka. É un álbum ilustrado que aborda a diferenza, pero neste caso non a diferenza como diversidade funcional, senón esa diferenza que aniña en todas nós. Neste caso, a diferenza de Lúa, a protagonista, radica en saber gozar dos elementos cotiás, deses elementos que ao mundo adulto se nos escapan xa, quizais porque perdimos xa a capacidade de soñar, a capacidade de fantasear cos elementos que nos rodean. As ilustracións están enchidas de detalles, e destaca a súa capacidade para representar “fisicamente” a fantasía.

‘A historia de Nuk’ de Paloma nchez Ibarzábal e Nastascha Rosenberg, traducido por Laura Sousa, para Narval. Nuk é un ser que non coñece ben a súa identidade e que lle vai preguntando a diferentes elementos naturais quen é ela. A transformación que supón o camiño, co seu elemento de aprendizaxe, é tamén unha das temáticas principais deste álbum.

O CGAI ten nova programación

Beli Martínez preséntanos a programación do CGAI dos meses de maio e xuño, e fálanos das películas de Berto Gracia ou do novo de Ángel Filgueira.

‘Vila Suárez’ e ‘O último barco’, as dúas lecturas recomendadas

Esta semana Armando Requeixo convídanos a nos achegar a dúas novelas de gran tonelaxe: Vila Suárez de Rubén Martínez Alonso e mais O último barco de Domingo Villar, entrambas as dúas máis dun milleiro de páxinas para ler.

Vila Suárez (Toxosoutos) mergúllanos no tempo da inmediata Posguerra para facernos pasear os ambientes do Madrid das inmensas casonas das aforas da cidade, onde habita unha aristocracia envilecida e depravada, despreocupada da miseria social dun país devastado tras o conflito bélico quea estes privilexiados, ocupados en todo tipo de xogos psicalípticos, non lles interesa o máis mínimo.

O último barco (Galaxia) relata unha nova aventura do detective Leo Caldas e o seu axudante Estévez, quen terán que pescudar na estraña desaparición de Mónica Andrade, filla dun prestixioso doutor e profesora da Escola de Artes e Oficios de Vigo, quen semella ter fuxido para romper co seu pasado e comezar unha nova vida noutra parte, aínda que ben pronto as investigacións do sabuxo Caldas van facer sospeitar outro desenlace.

Programa especial polo concerto de Bob Dylan

Programa especial do Diario Cultural dende o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela onde esta noite actúa Bob Dylan. Por iso temos un programa monográfico sobre o músico no que contamos co noso colaborador musical Tito Lesende e co músico Javi Pardo

Festival Primavera de Vigo ata o 5 de maio

A nosa colaboradora de audiovisual, Beli Martínez, fálanos do Festival Primavera do cine de Vigo que comezou o 22 de abril e dura ata o 5 de maio. Un festival que trata de impulsar a lusofonía centrando a súa actividade en filmes de Galicia e dos países lusófonos. Tamén achéganos o filme ‘Chuvia e cantoria na aldeia dos mortos’ de Joao Salaviza e Renee Nader, gañador o ano pasado do premio especial do xurado en Cannes. Ademáis coñecemos ‘La felicidad de Los perros’ de David Hernández e ‘A portuguesa’ de Rita Azevedo.

Falamos de ‘O mundo en que vivín’, de Ilse Losa

Falamos de O mundo en que vivín de Ilse Losa, traducida por Anxo Tarrío, en Hércules edicións, unha novela de aprendizaxe, pero tamén unha novela histórica, que recrea a sociedade alemá de entreguerras e que é un fito no ámbito da literatura portuguesa e mesmo europea.

A novela conta a historia de Rose, unha nena dunha familia xudía, que primeiro vive cos avós nunha viliña de Alemaña e logo se traslada cos pais e que ao longo das súas vivencias, baseadas na sinxeleza e na cotidianidade, nos vai amosando como os xudeos acabaron sendo un grupo marxinado na Alemaña do momento.

O mundo en que vivín supón unha magnífica oportunidade para coñecer mellor os costumes e as tradicións xudías. Ademais, aínda que hai innumerables testemuñas literarias da II Guerra Mundial, faltan moitas máis obras que recreen o tempo previo e permitan entender á mocidade (a pesar de ser esta unha obra de fronteira) como as ansias por marxinar os xudeus acabaron por ter pegada social.

Esta obra tense comparado co Diario de Ana Frank, aínda que Losa insiste en que ela non é Rose, a protagonista do libro. Así e todo, é evidente que os sucesos narrados teñen moito que ver coa axitación social que viviu Alemaña a finais dos 20 e dos 30. Ilsa Losa, era alemá de orixe xudía e viuse obrigada a deixar a súa terra na década dos 30, marchando primeiro a Gran Bretaña e logo a Portugal. A partir da publicación desta novela, en 1943, a autora dedicarase por completo ao mundo da LIX.

Mañá comeza o FIV de Vilalba

Tito Lesende recórdanos que mañá comeza o FIV de Vilalba con concertos de Marem Ladson, Depedro, Sidonie DJ, Miss Cafeína ou La Moda e sábado un dos concertos máis agardados do festival, o de Iván Ferreiro, que ademais participa no disco de homenaxe a Mecano que sae mañá ao mercado cunha canción en colaboración con Love of Lesvian .

Tamén hoxe comeza en Pontevedra o Festival Galegote Rock e o luns concerto de Bob Dylan en Santiago.

‘Danza en Tránsito’ o 29 de abril

Rut Balbís preséntanos o programa do evento que a Deputación da Coruña vai organizar en Santiago de Compostela o  día 29 de abril  con motivo da celebración do Día Internacional da danza.

Falamos de Neorretranca e posmorriña, do CDG

A única produción da recortada compañía pública de teatro lévanos a reflexionar sobre os tópicos, as imaxes na retina, os cheiros, a realidade crítica, a retranca escénica, a desmitificación, o xogo ou o lercheo, arredor do concepto de identidade galega. Dous textos de Roi Vidal e de Esther Carrodeguas cinguidos na linguaxe escénica pola directora Gena Baamonde.

Se se fala dela é porque existe, aínda que se dilúa. Se nos rimos de nós mesmos, saberemos dos nosos pecados, sen que nos crucifiquen. Se facemos un delirio e un esperpento poderemos superar (ou non) a esencia do rural, do bucólico, do pai mesmo… Aí están os incendios, a Igrexa, o Panteón de galegos ilustres, a romaría gastronómica… Un templo presidido por unha vulva enorme con encaixe dá paso a unha viaxe autobiográfica e histórica sobre a area vermella do nariz de pallaso. Da poesía á épica. Da literatura ao hashtagDo hashtag á coreografía de iconas galaicas nunha galaxia ebria e divertida en varios momentos.

Ata o 5 de maio no Salón Teatro e despois minixira galaica, que remata o 5 de xullo en Vigo.

Pin It on Pinterest