Todas as colaboracións

Teatro para reflexionar sobre os comportamentos da sociedade actual

O teatro, alén da diversión, pode facernos pensar e mostrarnos situacións que reflicten ou nos cuestionan como sociedade e como individuos fronte á autoridade, fronte ao sistema ou diante das dinámicas globais. Somos conscientes de todas as nosas incoherencias? Somos libres? Somos obedientes? Sabemos como somos? Sabemos como nos comportamos?

Falamos do último espectáculo de Redrum, Idiotado catalán Jordi Casanovas, que a través da comedia e da intriga nos fai ver ata onde pode chegar a capacidade de tolerancia e de sacrificio do ser humano diante dos intereses do poder e dos intereses individualistas.

Igualmente, o grupo Chévere e o teatro documento, que tamén tratan os temas relacionados coa nosa historia recente, coas vivencias persoais convertidas en problemática colectiva ou as experiencias escénicas como as Cheverografías, na liña dos alemáns Rimini Protokoll, dramaturxia de intervención no tránsito da rúa, no espectáculo diario, na realidade oculta, na convivencia, na memoria e nas profundidades da existencia.

As grandes mulleres da música clásica

Luis Miguel Crespo achéganos a música clásica a través do traballo de grandes mulleres compositoras.

Os libros ‘Discurso sobre a dignidade do home’ e ‘Se isto é un home’ xa están traducidos ao galego

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de dous interesantes traducións: Se isto é un home, de Primo Levi, e mais Discurso sobre a dignidade do home de Giovanni Pico della Mirandola.

Se isto é un home (Xerais) é o relato estremecedor do paso polo campo de concentración de Auschwitz-Birkenau de Primo Levi, o escritor xudeu-italiano que conseguiu sobrevivir a aquel horror e contárnolo nesta impresionante narración, cume da literatura do Holocausto que foi publicada por vez primeira en 1947 e hoxe está traducida a gran número de idiomas, agora tamén ao galego mercé ao traballo de Xoán Manuel Garrido Vilariño.

Discurso sobre a dignidade do home (e outros textos renacentistas sobre a dignidade do ser humano) (Rinoceronte) reúne tres obras complementarias: a maxistral peza de oratoria asinada por Pico della Mirandola que lle dá título; tres capítulos do ensaio filosófico Teoloxía platónica de Marsilio Ficino; e a Fabula sobre o home de Luis Vives. Todos tres coinciden na reivindicación do ser humano e a súa dignidade, afirmando o seu libre albedrío e apuntando á Filosofía como vieiro para conseguir a paz entre as persoas e defendendo a concordia entre relixións, culturas e diferentes modos de pensar. Esta terna de textos foi traducida dende o latín ao galego por Fernando Domènech Rey.

Arte Holandesa e Flamenca na Coruña

O Museo Victoria and Albert de Londres achega a Fundación Barrié da Coruña a exposición “Trazos Maestros” cunha mostra de 90 debuxos do Século de Ouro da arte holandesa e flamenca.

Música para celebrar a víspera do Día da Muller.

Tito Lesende achéganos o mellor da música en Galicia con concertos e discos de mulleres para celebrar O Día da Muller.

A visibilidade da muller nas artes escénicas

Marián Bañobre, Tamara Canosa, Laura Iturralde, Cris Iglesias, Belén Pichel, Nuria Sotelo, Esther Carrodeguas, Gena Baamonde, María Roja, Larraitz Urruzola, Marta Pérez, Andrea Bayer, Vanesa Sotelo… Son moitas as creadoras que nos ofrecen pezas en carteleira, mais as preguntas que nos podemos facer sobre a igualdade laboral, a visibilidade, a recepción crítica ou as personaxes e os tratamentos ou a autocensura seguen sendo moitas igualmente. Elas pararán o 8M e moitos outros sectores e homes feministas tamén as apoiaremos. Elas están a mudar moitos aspectos do cotián, mais aínda queda tanto camiño… Elas están a crear e velaquí unha pequena escolma, con dúas novidades que tratan algún asunto relacionado co feminismo, polo tanto coa dignidade: A compañeira de piso e A Gala.

A compañía de Nuria Sotelo presentou en Ourense unha peza híbrida de teatro-danza a partir do universo creativo e biográfico de Maruja Mallo. Un conxunto de escenas que nos remiten ás imaxes, á filosofía e legado de mulleres libres, orixinais e divertidas coma a pintora galega. Faino mesturando humor, metadiscurso, un suxerente espazo sonoro e lumínico, movemento e texto (proxectado, conferenciado e dito de xeito case persoal e espontáneo).

Contraproducións presenta unha posta en escena máis convencional dunha autora americana, Jen Silverman, onde o potencial da historia de convivencia de dúas mulleres moi diferentes nos deixa ver temas próximos, realidades a superar e moita risa liberadora con momentos de emoción cando aparece a soidade ou a asfixiante opresión da moral conservadora.

Pezas para rir, para pensar sobre a situación da  muller hoxe, ao longo da historia ou mañá pola rúa… Mulleres creando e facendo a escena e a sociedade máis libres, máis diversas, máis igualitarias.

O libro da semana: ‘Un conto siciliano e outras historias’, de Estro Montaña

Esta semana Armando Requeixo convídanos a ler Un conto siciliano e outras historias, o novo libro do escritor, crítico e profesor Estro Montaña que publica Xerais.

Un conto siciliano e outras historias é un conxunto de catorce historias que teñen como denominador común a reflexión sobre a violencia estrutural, o terror social que crean certos individuos ao abeiro da mafia, o narcotráfico, o contrabando, a pornografía ou o secuestro infantil, entre outros.

Tamén salientan nestes relatos a visión dunha infancia inzada de medos e vinganzas e a crueldade e inxustiza que en ocasións envolve o mundo do ensino. Todo cun estilo directo, cheo de ironía e sarcasmo e uns personaxes descarnados que xogan a vida ata o derradeiro desengano.

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a mostra “Homeless”

A nosa colaboradora experta en Arte fálanos da mostra “Homeless”, un traballo de Ángela de la Cruz.

Escoitamos o novo traballo de Xose Lois Romero & Aliboria

Escoitamos hoxe un adianto do que será o segundo disco de Xose Lois Romero & Aliboria e unha mostra do traballo discográfico recén publicado por Caldo, unha nova formación que se suma ao amplo abano de ofertas da música folk en Galicia.

A continuación centrámonos nos grupos que participarán o vindeiro domingo na Festa do Queixo en Arzúa. Primeiro Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre e despois Sés serán os protagonistas desa xornada de peche da festa. Uns concertos que Lume Na Palleira ofrecerá completos a través de Radio Galega Música.

Viva a Psicofónica de Conxo!

Falo da Psicofónica de Conxo cando hai 20 anos que gravaron no Estudio de Produción da Radio Galega algunhas cancións que despois formarían parte de Psicópolis, o seu primeiro disco. Pero vou ir ao
principio de todo, polo menos para min.

En 1999 e eu e o meu mellor amigo iamos camiño do Campus Sur de Santiago de
Compostela para asistir a un festival organizado por Antón Reixa chamado ‘Galicia Beibe’ no que tocaban Os Resentidos mesturados con Siniestro Total, Xenreira, Fermín Muguruza….

Cando chegamos alí non sabiamos ben quen tocara e quen non, e vimos que un grupo estaba
collendo os instrumentos para empezar, pero non sabiamos quen era. Aquilo empezou e
alucinamos.

Pin It on Pinterest