Todas as colaboracións

Pequefilmes, un festival infantil de curtas

A nosa colaboradora experta en audiovisual galego, Beli Martínez, infórmanos sobre o festival que se celebrará este fin de semana na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Libros sobre a paz para os máis pequenos da casa

Neste espazo de cultura con Montse Pena Presas falamos de literatura infantil e xuvenil. Hoxe facemos unha viaxe polos “libros para a paz”, xa que o 30 de xaneiro é o día da paz. Aquí temos dúas propostas para idades diferentes.

A primeira delas é a peza teatral ‘A derradeira bala’, de Fernando Castro Paredes. Esta obra publicada pola Editorial Galaxia está dirixida a un público adolescente.

O argumento céntrase no encontro cun soldado represaliado que vai ser asasinado por dúas irmás condenadas a facelo por formar parte da xerarquía militar, aínda que se formulan os motivos de que ocorra isto.

A obra presenta un xogo co absurdo e co humor ante unha situación de inxustiza e de conflito social, que permite ridiculizar os totalitarismos.

Esta peza amosa a importancia da compoñente social nas obras dramáticas dirixidas á infancia e á mocidade.

A segunda obra que comentamos con Montse Pena é o álbum ilustrado ‘O nacemento do dragón’ de Wang Fei, Marie Selier e Catherine Louis. Esta peza foi traducida ao galego por Fernando Moreinas e reeditada por Kalandraka.

A nosa experta Montse Pena analiza a relación coas tradicións populares chinesas, contando parte do seu argumento. Tamén comenta as ilustracións, que podemos relacionar coa técnica de gravado e co xogo das cores intensas.

Tamén explicaremos o motivo polo cal esta obra é unha porta á paz, mais tamén á interculturalidade, ao achegarmos dun xeito ben suxerente á cultura chinesa.

The Dandy Warhols publica novo disco

Anticipámonos á publicación do inminente disco dos estadounidenses The Dandy Warhols, pero tamén ao novo traballo de Mucho. Isto último é o proxecto de Martí Perarnau IV, a quen se ve moito por Nigrán porque é o teclista habitual de Iván Ferreiro.

Ademais, e pensando na fin de semana, lembramos a dobre cita co ferrolán Andrés Suárez na sala Capitol (Santiago de Compostela).

Como alternativa, a proposta do reputado músico estadounidense Chuck Prophet, que fará un concerto especial este sábado en La Iguana (Vigo) co repertorio dos Rolling Stones. Estará acompañado no escenario por Charlie Sexton, un ilustre a quen tamén veremos en abril como guitarrista de Bob Dylan.

Falamos da película “The old man and the gun”

Como cada xoves, falamos de cine neste espazo cultural. A directora de Sala5, Begoña Vázquez, recoméndanos ver o filme “The old man and the gun”.

Coñecemos “A terra dos fillos” e “Beleza”

O noso colaborador Carlos Portela chega un mércores máis para falarnos sobre banda deseñada.

Cal é a diferencia entre o teatro alternativo e o comercial?

Nos teatros e salas do país existe unha oferta moi diversa de espectáculos e modelos de ralación co público. Cada espectáculo chama a relacionarse con distintas capas sociais e o que as persoas espectadoras procuran no teatro non sempre é o mesmo. Estes días asistimos a espectáculos máis alternativos e outros máis comerciais, todos necesarios para o xusto equilibrio da oferta e acceso ás Artes Escénicas.

Por unha banda, está a rematar a xira do popular espectáculo Somos criminais, protagonizado por Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco. Unha comedia crítica sobre as maneiras “criminais” dos comportamentos de galegos e galegas. Un espectáculo deseñado en base á actualidade, noticias e apelación directa ao contexto. Vista por máis de 50.000 espectadores/as, a xira remata esta fin de semana en Narón.

E se no máis comercial remata, de momento, o percorrido deste espectáculo, outro comeza no máis alternativo. Estreado a pasada fin de semana na pequena sala Ensalle de Vigo, Inevitable, do Colectivo Marciano Balboa (Laura Iturralde, Borja Fernández e Diego Anido) repasa os ritos relixiosos de xeito paródico, empregando feitos e accións coma saetas, procesións, levitacións e iconografías relixiosas coma a cruz, para falar de fanatismos e outras experiencias místicas a partir dun personaxe inspirado nas películas de Rambo e con altas doses de impacto visual e físico.

Celso Fernández Sanmartín publica unha nova obra de poesía

A publicación ‘A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez’ é outra das novidades de finais de 2018. Unha obra do poeta e narrador oral Celso Fernández Sanmartín en Apiario (Colección Cera labrada), que non moi habitualmente chega á nos por medio de selos editoriais.

Publícase unha nova edición de ‘O triángulo inscrito na circunferencia’, de Freixanes

Esta semana Armando Requeixo convídanos a nos achegar á novela ‘O triángulo inscrito na circunferencia’ de Víctor F. Freixanes, un clásico da narrativa galega do noso tempo que agora volve publicarse nunha nova edición revisada polo autor.

‘O triángulo inscrito na circunferencia’ (Galaxia) veu luz por vez primeira en1982, ano no que obtivo o Premio Blanco-Amor. O seu éxito foi fulgurante e pouco despois fíxose tamén co Premio da Crítica, converténdose inmediatamente nunha novela de culto e o seu autor nunha das voces imprescindibles da literatura galega actual.

Narración complexa e de denso simbolismo, a súa trama amósanos a loita revolucionaria dos mariñeiros galegos do sur contra o poder establecido en Compostela a través da Capitanía Xeral de Galicia e o arcebispado nos anos vinte do século XIX. Sempre entre o real e o imaxinario, o mítico e o lendario, a súa particular mestura entre realidade e ficción ten como epicentro a casa de Santa Cruz, pazo da saga dos Mariño nunha imaxinaria Vilanova de Alba, enfrontada a Compostela e a todo o que esta representa: Vilanova de Alba é ocorazón do Mar, a liberdade, a apertura, a posibilidade de escribir a nosa propia Historia; pola contra, Compostela encarna o poder opresor, a manipulación das nosas vidas, a Historia imposta.

José Ramón Ais e Menchu Lamas expoñen nas galerías de Santiago

Rosario Sarmiento, colaboradora experta en arte, fálanos sobre dúas mostras que se atopan na capital galega.

Pin It on Pinterest