Todas as colaboracións

Falamos sobre a poesía reunida de Xela Arias

Alba Cid, a nosa colaboradora experta en poesía, fálanos sobre a edición da poesía reunida de Xela Arias, ao coidado da profesora e investigadora María Xesús Nogueira Pereira. Unha novidade de finais de 2018.

As novelas ‘Extraordinario’ e ‘O Santo Graal galego’

Na súa primeira colaboración do 2019 Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas: ‘Extraordinario’, de Antón Lopo, e mais ‘O Santo Graal galego’, de Luís Rodríguez Rivera.

‘Extraordinario’ (Galaxia) é o título da novela coa que o monfortino Antón Lopo gañou o último Premio de Narrativa Breve Repsol. A historia dun fillo quese ve obrigado a coidar de súa nai —coa que hai trinta anos que non se fala—porque vai ser ingresada para ser operada centra este relato. Un texto que reflexiona sobre o papel da familia, o amor, a liberdade e o pracer. Unha viaxe ao corazón da infancia e a mocidade, á lembranza daqueles episodios que foron confirmando a personalidade do protagonista a través dunha ollada lúcida e irónica e unha prosa de quilates servida en entregas breves.

‘O Santo Graal galego’ (Dr. Alveiros/ Fundación Vicente Risco) é a obra gañadora do III Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. Unha fabulación na que, baixo a escusa da procura do suposto santo graal nunha cova do Pico Sacro, se desenvolve toda unha trama de picaresca política con móbil económico que acaba por ennobelar os singulares protagonistas desta historia, directivos dunha improvisada Asociación do Santo Graal Galego: un funcionario de bibliotecas da Cidade da Cultura, unha falsa monxa perseguida polo seu exnoivo narcotraficante e mais un parado de longa duración abondo rapineiro.

A mostra “Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López” chega á Coruña

A nosa colaboradora, Rosario Sarmiento, avánzanos sobre a mostra que acolle a Fundación Luis Seoane de A Coruña. Trátase da exposición “Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López”. É un interesante achegamento biográfico á figura de Maruxa Seoane, un personaxe clave na traxectoria persoal e creativa de Luis Seoane.

Cantares do Brión pecha o seu disco con ‘A Raís’ de Sés

Ofrecemos hoxe unha peza moi especial, da autoría de Mará Xosé Silvar “Sés”, que pecha o novo traballo discográfico A Raís do grupo coral Cantares do Brión.

Ademais, e como adianto das entrevistas do vindeiro domingo en Lume Na Palleira, escoitamos a música de José Climent, un histórico do folk castelán co que falaremos do seu novo traballo Luciérnagas (Pirilampos) e a do grupo galego Fonteliño, que nos presentarán o seu segundo disco, Rueiras.

O 2019 será o mellor ano para o cinema galego

Apenas sen estrear este novo ano 2019 case podemos dicir que estamos a vivir o comezo dun dos mellores anos para a produción cinematográfica galega.

Este ano a industria audiovisual amosarase diversa tanto en contidos como formas narrativas, así como olladas e voces propias sobre o noso. Un ano que, sen dúbida, pasará a historia do noso cinema.

Ángel Stanich e Fon Román están en xira polo noso país

Chegou o 2019 e hai cousas que non cambian, tamén na música pop e rock. Falamos de Angel Stanich e de Fon Román, que están en xira polo noso país nestes días.

Bob Dylan é tamén o gran protagonista nestes días. Saíron á venda as entradas para o que vai ser o terceiro concerto do artista en Galicia, o 29 de abril.

‘Memorias dun home en pixama, a grande aposta do cine galego

O filme ‘Memorias dun home en pixama’ é a grande aposta do cine galego, baixo a dirección de Carlos Fernández e María Castro como actriz protagonista.

Neste espazo de cultura falamos con Ángel de la Cruz, guionista e produtor da película.

Un repaso polas mellores edicións de banda deseñada do 2018

Achega das últimas novidades en banda deseñada e un repaso polas mellores edicións deste 2018. Libros que poder agasallar nestas datas de Nadal como a novela gráfica A tumba de Breogán, unha novidade galega.

O Nadal, protagonista dos libros de teatro

Roberto Pascual escolma dúas pezas de teatro infantil recentes que teñen que ver co Nadal: “Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta”, de Isabel Freire, e mais “O castiñeiro do Apalpador” do tamén actor Inacio Vilariño.

Dous libros para comezar 2019: ‘Natura’ e ‘Máis alá do río do esquecemento’

No programa de hoxe Armando Requeixo tráenos dúas novidades chegadas aos andeis das librerías nos últimos días: ‘Natura’, a máis recente novela de Iolanda Zúñiga, e ‘Máis alá do río do esquecemento’, volume de relatos asinado por Ricardo Ferreiro.

‘Natura’ (Editorial Galaxia) é unha distopía que espella un mundo futuro escindido en dous territorios contrapostos: o deserto dos eidos abrasados nosque vive a maioría do planeta fronte á civilización escolleita que erixe Natura, un lugar ao Norte que representa unha sociedade aparentemente ideal na que, porén, latexa a terrible tiranía do poder dunha cúpula que somete as xentes aunha vida impersoal e homoxeneizadora. Entre estes dous mundos discorre avida da protagonista, unha muller que se rebelará para sacudir o xugo da escravitude que a rutina uniformadora impón.

‘Máis alá do río do esquecemento’ (Edicións Fervenza) é o título co que Ricardo Ferreiro se fixo acredor do III Concurso Balbino de Relatos. O libro reúne oito historias ambientadas na contorna limega, que beben tanto da tradición oral edo lendario popular coma das vivencias persoais e a imaxinación do autor. Aobra conta cun prólogo do escritor alaricano Alfredo Conde e ten como frontispicio o “Madrigal á cibdá de Santiago” de Federico García Lorca, incidindo así na radicación literaria no universo galego duns relatos nos que o trasmundo, a memoria e o destino se dan a man.

Pin It on Pinterest