Todas as colaboracións

Os papeis da Academia

O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, fálanos dos Papeis da Academia, o anuario dixital da institución no que repasan que aconteceu este ano, adiantan proxectos de 2019 e homenaxean a seis pioneiras do audiovisual.

Os libros que explican os porqués das cousas

Montse Pena Présas fálanos de dous libros que nos contan os porqués das cousas. O primeiro é ‘Puf! Vaia peido. Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes!’ de Luísa Martínez Lorenzo, un álbum ilustrado que publica a Editorial Galaxia. Esta obra achéganos a diferentes criaturas do mundo animal e vexetal que teñen en común ter nomes divertidos e que buscan unha certa complicidade co lector.

O segundo é ‘A ciencia do día a día. Respostas rápidas para preguntas enxeñosas’, con texto de Caterina López Rigo, publicado por Edicións Xerais. Un libro de preguntas e respostas recomendado para nenos e nenas curiosas.

Escoitamos a Morden, o proxecto musical de Elba Fernández

A coruñesa Elba Fernández actúa este xoves 27 de decembro en Ourense co seu proxecto musical, Morden. Pop intimista e moderno que encheu un gran número de salas durante este ano.

Tamén falamos de Sinistro Total, a popular banda que sempre está de actualidade. Este venres 28 actúan na Iguana Club. Ata alí desprazarémonos para vivir de preto o concerto cunha edición especial do Diario Cultural.

A película ‘Memorias de un hombre en pijama’ pre-estréase en Santiago

‘Memorias de un hombre en pijama’ a primeira longametraxedo vigués Carlos Fernández de Vigo, preséntase hoxe en Compostela, unha semana antes da estrea oficial no conxunto de España.

Begoña Vázquez falounos desta película de animación do mesmo debuxante quefixera a exitosa ‘Engurras’.

Mención tamén a estrea destacada desta semana: Tiempo después, a nova película de José Luis Cuerda.

Facemos un balance sobre a situación da danza no noso país

Xunto á nosa colaboradora Rut Balbís facemos un balance sobre a situación da danza no noso país.

A Berberecheira de Chévere

Iniciativa de custodia do territorio teatral, así define Xesús Ron o proxecto que Chévere puxo en marcha cando recibiu o Premio Nacional de Teatro do Ministerio de Cultura e que ten por obxectivo redirixir e reinvestir o soporte e o capital humano da compañía para que artistas sen compañía poidan desenvolver un espectáculo e distribuílo.

Ata o momento foron tres pezas de teatro documento, inspiradas en vivencias persoais: Goldi Libre sobre a obxección de consciencia do servizo militar obrigatorio, Salvador sobre a emigración e Anatomía dunha serea sobre a violencia obstétrica.

Hoxe falamos desta última, creada e interpretada por Iria Pinheiro, un espectáculo que nos amosa secuelas dunha ramificación do machismo social e que moitas mulleres sofren en todas as fases do embarazo e do parto. Unha peza que emprega datos, parodia, canto, poesía, humor e denuncia para expor o absurdo de moitas situacións violentas, indignantes e habitualmente eufemísticas. O teatro como rito liberador e de denuncia, o corpo como unha galaxia de recordos, a poesía verbal e visual da escena para facernos visible esoutro teatro menos respectuoso e divertido, o de certos comportamentos sociais e o do machismo histórico que campa aínda por algunhas consultas, protocolos e persoal obstétrico do noso sistema de saúde público.

Un Nadal para ler o volume de relatos ‘Contra o vento’

Desta volta Armando Requeixo dá conta da celebración do trinta aniversario da convocatoria do Premio de Novela Manuel García Barros e do libro que o conmemora: o volume colectivo de relatos ‘Contra o vento’.

O Concello da Estrada convoca anualmente este galardón, un dos máis prestixiosos do panorama narrativo galego, que ten gañado xusta fama como un dos referentes da nosa escrita contemporánea. Os textos premiados cada ano son publicados pola Editorial Galaxia, a decana das editoriais galegas, que enriquece así o seu catálogo ao tempo que contribúe a ir tecendo a historia recente da nosa literatura.

Ao longo destas tres décadas o premio axudou a descubrir novas voces e tamén pulou pola consagración doutras máis experimentadas. Algunhas desas voces son as que conforman este ‘Contra o vento’, unha ampla e moi representativa colectánea das liñas de forza da nosa literatura actual, nas que contan con lugar senlleiro as e os participantes deste libro: Manuel Lourenzo González, Alfonso Álvarez Cáccamo, Xavier Queipo, Antón Riveiro Coello, Miguel Anxo Fernández, Xabier López López, Francisco Castro, XesúsConstela, Xosé Monteagudo, Antón Lopo, Antonio Piñeiro, Santiago Lopo, Anxos Sumai, Manuel Portas, Miguel Sande e Ana Cabaleiro.

Astrofotografía en Galicia.

COLABORACIÓN MANUEL VICENTE

A astrofotografía en Galicia.

Regalos audiovisuais para este nadal

A nosa colaboradora experta en audiovisual, Beli Martínez, analiza con nós os posibles regalos para este nadal.

Unha viaxe polas páxinas de ‘O bestiario científico de Anxos Nogueirosa’

Montse Pena Présas comenta hoxe “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa” de Antonio Manuel Fraga, novela xuvenil publicada pola editorial Urco e que recibiu o Premio María Victoria Moreno de Literatura pola Igualdade.O libro conta a historia dun neno, Susiño, que vai pasar unha tempada ás colonias do sanatorio de Oza e coñece alí a Tila, unha nena que garda con moito misterio un bestiario científico elaborado pola súa tía Anxos e que quere completalo. Un dos mellores libros do ano da LIX galega.

Pin It on Pinterest