Todas as colaboracións

A electrocumbia chega esta noite á Sala Malatesta

O noso colaborador Tito Lesende infórmanos sobre as novidades musicais para as vésperas do nadal.

Redescubrindo a vida de José Baldomir

Luis Miguel Crespo, o noso colaborador experto en música clásica, fálanos hoxe sobre José Baldomir, o máis novo dunha serie de compositores relevantes do chamado como rexurdimento musical galego ou nacionalismo musical galego, abandeirado por figuras como Pascual Veiga, Xoán Montes, José Castro “Chané” ou Marcial del Adalid.

‘O mar que nos leva’ e ‘A simetría das bestas’, dúas novelas de intensidade dramática

Esta semana Armando Requeixo ocúpase de dúas novelas de intensidade dramática: ‘O mar que nos leva’, de Moncha Fuentes, e mais ‘Asimetría das bestas’, de Alberto Ramos.

‘O mar que nos leva’ (Xerais) supón a estrea como narradora de Moncha Fuentes. Nesta novela, Mariña Brei Catrofes, a súa protagonista, recibe a terrible noticia de que padece un cancro de mama. A partir dese momento desencadéase todo un proceso de rememoración do que foi a súa vida, tanto coa súa familia como, sobre todo, con Paulo, o seu grande amor, falecido en circunstancias tráxicas. Unha historia que espella un drama persoal e transparenta, de fondo, todo un tempo social: o da Galicia de comezos dos setenta, un período avolto e difícil, politicamente moi complexo, no que o amordos dous protagonistas se abre paso en medio das máis intensas vivencias.

‘A simetría das bestas’ (Urco) é a obra coa que Alberto Ramos se fixo co Premio Risco de Creación Literaria deste ano. Como na novela anterior, tamén nesta a súa protagonista, Caridad Verdet, sabe dunha enfermidade dexenerativa que a condena a desaparecer, o que a obriga a repensar a súa relación con Fervaq, o seu mozo, pois teme que a nova situación lle resulte inaturable. Ao nos achegar á súa traxedia persoal descubriremos a singularidade de Caridad, unha escritora a quen a vida non llo puxo nada fácil, mais tamén saberemos do xenuíno da personalidade e do pasado de Fervaq, o pintor do que está fondamente namorada, un outro exemplo de superación fronte ás innúmeras trapelas que agocha o destino.

A mostra “Pasearte” enche os escaparates santiagueses de arte

A nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, fálanos de “Pasearte”, unha mostra que enche os escaparates de Santiago de arte.

‘Fulgor’, o novo disco de Xosé Manuel Budiño

Ofrecemos hoxe un adianto de “Fulgor”, o novo traballo discográfico que Xosé Manuel Budiño publicará no vindeiro mes de xaneiro de 2019.

Tamén lembramos a colaboración do propio Budiño no libro-disco “Galiza”, que fora publicado en 2013 polo trikitilari vasco Kepa Junkera a quen lle desexamos unha pronta recuperación do seu actual problema de saúde.

Por último, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, un canto de nadal interpretado por Tino Baz.

O novo campión mundial de xadrez é unha unha intelixencia artificial

Na sección de cultura científica, Manuel Vicente de Efervesciencia fálanos do novo campión mundial de xadrez, que non é o noruegués Magnus Carlsen, senón unha intelixencia artificial que aprendeu a xogar ó xadrez en 12 horas. Foi en 1997 cando unha máquina conseguiu gañar o daquela campión do mundo Garry Kasparov. Que ten de especial esta nova IA chamada AlphaZero?

O ‘cine amater’ de José Ernesto Díaz Noriega

O ‘cine amater’ de José Ernesto Díaz Noriega, que asina JEDN, no centro da colaboración semanal da Academia Galega do Audiovisual co seu presidente Carlos Ares.

O cine galego triunfa nas nominacións aos Goya

A nosa colaboradora experta no audiovisual galego, Beli Martínez, fálanos sobre o cinema galego nas nominacións aos Goya.

Cando a literatura é o mellor agasallo de Nadal

Montse Pena Présas fala hoxe de agasallos especiais e do espírito de Nadal, en xeral, xa que se achegan estas datas. Recoméndanos os libros “O Nadal de Ernesto e Celestina” de Gabrielle Vincent, que se acaba de publicar en Kalandraka en tradución de Tamara Andrés e “O agasallo de Anya” de Sabela Núñez Singala, un texto moi singular de 2013 (Galaxia), ilustrada por Xosé Tomás.

Morgan actúa na Sala Capitol o 14 de decembro

O noso colaborador experto en música pop e rock, Tito Lesende, tráenos os últimos concertos e novidades musicais. Entre os actos atópase a actuación do grupo madrileño Morgan, que estará o 14 de decembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Pin It on Pinterest