Todas as colaboracións

Unha vilá de Disney e un ano de furia

Begoña Vázquez repasa a carteleira no ‘Diario Cultural’.

‘Cruella’, os comezos desta vilá, terror dos dálmatas, é a nova aposta de Disney.

‘O ano da furia’, unha historia da dictadura de Uruguai. 

A vaca pioneira

“‘First Cow’ é unha cantiga dese estraño tramo de terra roubada que chamamos Estados Unidos, onde a tenrura segue a ser o ben máis prezado”. ‘First Cow’ é para a revista Time o mellor filme do ano.

A estrea en salas españolas da directora Kelly Reichardt é a recomendación desta semana de Begoña Vázquez de ‘Sala 5’.

Libro e película: ‘El olvido que seremos’

Héctor Abad Faciolince escribiu en 2005 ‘El olvido que seremos’, a relación dun pai e un fillo durante os violentos anos 80 en Colombia. Agora Fernando Trueba leva ao cine esta historia protagonizada por Javier Cámara.

É a recomendación desta semana de Begoña Vázquez

‘O fotógrafo de Minamata’ e ‘Yalda, a noite do perdón’

‘O fotógrafo de Minamata’ e ‘Yalda, a noite do perdón’

Gran gala dos Oscar: que esperar?

Gran gala dos Oscar: que esperar?

Unha muller prometedora e unha veterinaria na Borgoña

Como cada xoves, Begoña Vázquez de Sala 5 pasa polo Diario Cultural para dar conta das mellores estreas na carteleria da fin de semana.

Desta vez achéganos dúas películas con mulleres no centro: ‘Unha muller prometedora’ e ‘Unha veterinaria na Borgoña”. 

Outra ronda de cuñados

Begoña Vázque de SALA 5 dá conta das estreas de cine para esta fin de semana. Destacamos a comedia galega ‘Cuñados’ e a película ‘Outra ronda’.

Unha serie sobre xente normal

Begoña Vázquez de Sala 5 recoméndanos ‘Vitals‘, unha serie de HBO sobre xente normal. Aí reside o seu misterio e a súa grandeza, no medio dunha situación de alarma por pandemia sanitaria, as historias que nos importan son as das vidas normais.

Cines en reposición

Estas semanas, os cinemas do país ou pechan, ou ofrecen reposicións de películas clásicas como ‘The Kid’ de Charles Chaplin, que cumpre 100 anos. 

Para as novidades, temos que botar man das plataformas de video baixo demanda como Filmin, que estrea o documental ‘A pintora e o ladrón’. 

Pin It on Pinterest