Todas as colaboracións

Que facemos cos cines pechados?

Pechas os cines coas novas restriccións, pero Begoña Vazquez non quere quedemos sen boas películas para levar mellor a pandemia. As recomendacións desta semana van directamente ás plataformas dixitais. 

Filmes de autor contra os peches dos cines

As restricións están obrigando a pechar moitos cines en Galicia, e ante a dificultade tamén de dirixir e producir grandes filmes, o cine de autor ábrese camiño. 

Begoña Vázquez de Sala 5 preséntanos algunhas das estreas independentes para esta fin de semana. 

O amor na terceira idade e outros filmes

Esta fin de semana chega aos cines galegos ’23 paseos’, unha película sobre o amor na terceira idade. Pero teremos tamén outros filmes, con burros incluídos. 

Cóntanos máis Moncho Lemos no Diario Cultural

As películas que veñen co 2021

Ano novo, películas novas. Veremos moitas distopías co 2020 como protagonista? 

Begoña vázquez, de Sala 5, cóntanos as estreas máis destacadas desta primeira semana do ano. 

Bo cine para rematar o ano

Dramas, comedias, boa música… todo o que colle nun ano, colle nun cinema. Aínda que acabe o 2020, sempre haberá boas películas para gozar e empezar con bo pé o 2021. 

Ir ao cine polo Nadal

As estreas do cinema non paran nas vacacións de Nadal. Begoña Vázque de Sala 5 coméntanos as imprescindibles para nenos e maiores que non podemos perder nestas festas.

TheCroods para os máis pequenos, e The Father para o público adulto, con actuacións de Oscar, son as súas escollas. 

‘Ons’, entre as estreas máis destacadas da semana

As estreas da fin de semana que trae cada xoves Begoña Vázquez de Sala 5 ao Diario Cultural están protagonizadas por Morris e Melania Cruz. Os actores galegos son os protagonistas de ‘Ons’, o novo de Alfonso Zarauza. 

Pero aos cines chegan tamén películas como ‘Hasta el cielo’, con Luis Tosar e Carolina Yuste; ‘El inconveniente’, con Juana Acosta; ou unha superprodución de Marvel como ‘Wonder Woman’. 

Benidorm, catástrofes, e Peter Pan nos cines

As estreas do cine para esta fin de semana achegan películas para todos os gustos e idades.

O novo de Isabel Coixet, ‘Neva en Benidorm’; o regreso de George Clooney como actor e director en ‘Ceo a medianoite’; e un clásico revisitado como a historia de Peter Pan en ‘Wendy’. 

Ciencia e lembranzas nas salas de cine

Moncho Lemos preséntanos a estreas das salas de cine para esta fin de semana, que están protagoniszadas polas lembranzas do verán e pola historia da ciencia de Marie Curie. 

Estreas familiares nos cinemas galegos

Begoña Vázquez de Sala 5 preséntanos as estreas dos cines para esta fin de semana, protagonizadas por películas familiares e para os máis cativos, agora que se achegan as datas do nadal. 

Pin It on Pinterest