Todas as colaboracións

Reedición de ‘Spider’ e plaxios na banda deseñada

Carlos Portela recoméndanos hoxe a reedición cronolóxica das historias de ‘Spider‘, un cómic británico con guión de Jerry Siegel, creador de Superman, e debuxo de Reg Bunn. Falamos tamén de ‘Sobra un autor de cómic‘, de Daniel Blancou, no que a historia dun plaxio inspira a  reflexión sobre a diferenza entre copia, homenaxe e inspiración nas artes.

O último Astérix

Carlos Portela comenta Astérix e o grifóna última aventura dos galos irredutibles, publicada en galego por Xerais. O noso colaborador de banda deseñada fálanos tamén de Livingston contra Fumake, de Mique e Keko, a reedición dun cómic de detectives publicado orixinalmente nos anos oitenta.

Vidas de cómic

Carlos Portela recomenda a novela gráfica ‘O tesouro de Lucio‘, publicada por Demo Editorial e que conta a vida do militante anarquista Lucio Urtubia. A segunda lectura de hoxe é ‘Juan Jaravaca‘,a recuperación dalgunhas historietas autobiográficas de Juan Mediavilla publicadas 
orixinalmente na revista El Víbora.

Nova entrega de banda deseñada

Novidades na banda deseñada en galego que nos trae Carlos Portela, como a tradución de “Subnormal” ou “Aldara“, a primeira novela gráfica de Inés Vázquez, publicada por Demo Editorial.

‘Viñetas desde o Atlántico’ inicia o vindeiro luns

Falamos, na colaboración de banda deseñada de Carlos Portela, do ‘Viñetas desde o Atlántico’, que inicia o seu programa para a edición deste ano o vindeiro luns.

‘Hércules 1417’ e ‘El Pacto’

O noso colaborador de banda deseñada, Carlos Portela, fálanos destas dúas novas obras: ‘Hércules 1417’, de Das Pastoras e Pedro Víllora, e ‘El Pacto’, de Paco Sordo.


?Hércules 1417? e ?El Pacto?

 

 

“El ladrón de niños” e “Hay algo matando niños”, novidades na banda deseñada

O noso colaborador Carlos Portela tráenos a actualidade do mundo da banda deseñada, protagonizada por estas dúas publicacións.

Giganta

Giganta é unha das recomendacións do noso experto en banda deseñada Carlos Portela.

Anécdotas bárbaras de Conan

Carlos Portela, o noso experto en banda deseñada, cóntanos certa anécdota persoal sobre Conan o Bárbaro e continúa coas súas recomendacións.

Hulk

Para Carlos Portela, Hulk é o mellor comic de superhéroes en publicación nestes momentos. Tamén recomenda Atom Agency de Yann Schwartz.

Pin It on Pinterest