Todas as colaboracións

Novo adianto do programa da nova edición de “Viñetas dende o Atlántico”

O noso colaborador de banda deseñada Carlos Portela adiántanos as actividades que se desenvolverán nesta nova edición do “Viñetas desde o Atlántico”.

As paredes do Kiosco Alfonso amosarán as obras de Alessandro Barbucci, Enrique Vegas, Pau e Xulia Vicente.

Será unha edición diferente onde os contidos se enfocarán ós públicos infantil e xuvenil e onde non haberá presenza de autores internacionais por mor da crise sanitaria.

Porén, si haberá conferencias virtuais de importantes sinaturas neste “Viñetas desde o Atlántico” que transcorrerá do 17 ó 23 de agosto.

Emma Ríos gaña o Premio Eisner 2020

Na colaboración de Carlos Portela sobre banda deseñada falamos dun nome propio galego nos premios Eisner: Emma Ríos.

Publícanse novas edicións de X-Men

Na colaboración sobre banda deseñada con Carlos Portela falamos de X-Men, de Marvel. Descubrimos edicións de coleccionista que xa están dispoñibles.

Descubrimos ‘Deus vagabundo’, de Fabrizio Dori

Na sección de banda deseñada con Carlos Portela falamos de ‘Deus vagabundo’, de Fabrizio Dori.

Iniciativas solidarias no mundo do cómic durante a corentena

Tempo de banda deseñada con Carlos Portela, no Diario Cultural.

Falamos de iniciativas solidarias para achegar a banda deseñada aos lectores nestes tempos de confinamento.

Falamos de banda deseñada cos títulos “Nenúfares negros” e Hey Kids! Comics!

Carlos Portela achéganos as novidades na banda deseñada cos títulos Nenúfares negros e Hey Kids! Comics!.

Marvel publica un novo cómic sobre Spiderman

Na sección de banda deseñada con Carlos Portela falamos de Spiderman. Publícase o cómic Spiderman: Toda unha vida, de Marvel. A editorial celebra o seu 80 aniversario. 

Nesta obra, os debuxantes narran toda a vida de Spiderman, non só uns capítulos onde o heroe adoitaba vivir na eterna xuventude. Esta publicación fai unha viaxe e, por primeira vez, o personaxe chega a envellecer.

Publícase a escolma “501 mangas que ler en español”

Norma Editorial publica a guía “501 mangas que ler en español”, traducido por Marc Bernabé e Oriol Estrada. No Diario Cultural, Carlos Portela fálanos dos segredos desta escolma.

Os relatos gráficos de Joe Sparrow e Ana Moreiras

Na colaboración de banda deseñada con Carlos Portela falamos do Cazador de Joe Sparrow e dunha obra de relato gráfico sobre o rural titulado Madialeva, da autora Ana Moreiras.

Facemos, con Carlos Portela, un repaso das obras de banda deseñada imprescindibles deste 2019

Facemos, con Carlos Portela, un repaso das obras de banda deseñada imprescindibles deste 2019: a edición limitada en branco e negro de “V de Vendetta”, de Alan Moore , “Sandman: El Corazón de una estrella”, na que participou Miguelanxo Prado ,”O puño e a letra” de Yolanda Castaño, e moito máis. 

Pin It on Pinterest