Todas as colaboracións

O enigma do mar

Mónica Maneiro guíanos hoxe a través da exposición ‘El Siempre Mar‘, da artista e ceramista coruñesa Verónica Moar, que pode visitarse na galería madrileña Ponce & Robles. Unha mostra na que o mar é protagonista e que nos fai cuestionarnos a súa natureza. Moar parte dunha técnica depurada como artesá para mostrarnos unha serie de fragmentos que piden ser contemplados minuciosamente. Algúns remiten ao día a día das xentes do mar e outros propoñen interrogantes ou transforman a propia natureza, a partir do uso da porcelana, o ferro, a madeira e mesmo o ouro e o platino.

Historia e territorio na última mostra de Suso Fandiño

Mónica Maneiro guíanos pola última exposición do artista Suso Fandiño,Historia dun tempo pasado‘, que pode visitarse na galería compostelá Patio de Luz. Unha colección de obxectos e imaxes articuladas en torno á idea de que pasado e futuro están interconectados de maneira cíclica. 

‘Samborondón”, Christian García Bello expón en Madrid

Mónica Maneiro conversa co artista coruñés Christian García Bello, que ata o 28 de maio expón na galería The Goma de Madrid a mostra ‘Samborondón‘. A exposición inspírase na lenda da illa de Samborondón. 

Arte e océano

Mónica Maneiro comenta ‘Liquid Ground‘, a exposición da artista Enar de Dios Rodríguez que acolle a galería compostelá Nordés. Unha grande instalación na que os océanos son protagonistas a través de ilustracións dos seres que os habitan, das exploracións do fondo mariño realizadas no pasado, das visións do futuro e das representacións dixitais que se constrúen hoxe para os espazos submarinos.

Debuxos da colección Abanca

Mónica Maneiro comenta a mostra ‘O debuxo na colección Abanca‘, un achegamento ao debuxo a través duns cento de obras de autores como Castelao, Isidoro Brocos, Luís Seoane, Arturo Souto ou Francisco Lloréns. A exposición pode visitarse no Centro Social Abanca de Santiago ata o 30 de setembro. 

‘Cabodano. II Andaina’ de Rosendo Cid

 

Mónica Maneiro comenta a intervención de Rosendo Cid no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. En ‘Cabodano. II Andaina’ Cid intervén libros de fotografía editada polo desaparecido Centro de Estudos Fotográficos. 

 

Galería Nordés, de Bogotá a Turín

Falamos con Mónica Maneiro da internacionalización da arte galega a través do exemplo da galería Nordés, que acaba de estar presente na feira ARTBO de Bogotá e en Artissima, en Turín. Escoitamos tamén a artista Julia Huete, presente en Artissima cun proxecto baseado no volume e o tecido.

‘Vidas’, o videoartista Claudio Zulian escoita o barrio compostelán de Vite

Na colaboración de Mónica Maneiro comentamos hoxe a exposición ‘Vidas’, do artista Claudio Zulian. Unha retrospectiva comisariada por
Santiago Olmo que percorre varias instalacións e proxectos de temática social realizadas por Zulian nos últimos vinte anos. A mostra inclúe
un proxecto creado expresamente para o CGAC, unha interpretación visual e poética do barrio compostelán de Vite.

Percorremos a mostra ‘De lugares e cousas’ con Mónica Maneiro

Mónica Maneiro comenta hoxe a exposición ‘De lugares e cousas’, que reúne obras de 36 artistas peninsulares de xeracións diferentes a través da indagación sobre a idea de lugar. A mostra exhibe pezas de Antoni Tàpies, Eduardo Chillida, Esther Ferrer ou Isidoro Valcárcel Medina e inclúe obras e artistas galegas como Christian García Bello ou Ángela de la Cruz.

O que Ángel Cerviño salvou do seu naufraxio

Mónica Maneiro comenta na súa colaboración semanal a exposición ‘Naufragios & Comentarios’de Ángel Cerviño, que se exhibe ata o 19 de novembro en Vigo, no espazo de arte SVT. Unha mostra que recolle algunhas das obras rescatadas do asolagamento do taller do artista en 2015.

Pin It on Pinterest