Todas as colaboracións

Música ao vivo para a fin de semana

Tito Lesende escolle hoxe música que podemos escoitar ao vivo durante esta fin de semana: Tanxugueiras empezan na Coruña a Xira Midas, Os Resentidos levan ‘Organización Nautilus’ a Pontevedra e Ilegales actúan en Santiago.

Néboa, Amaia e Rosalía

Tito Lesende escolma tres estreas musicais desta semana: Néboa publica a canción ‘Toda a xente cea nas súas casas’ á vez que anuncia a marcha da súa voz principal, Aloia. Tamén escoitamos ‘Bienvenidos al show’, do novo disco de Amaia e ‘Hentai’, de Rosalía, que este venres publica o seu terceiro álbum, Motomami.

Terbutalina, Pongo e Los Enemigos

Tito Lesende pica hoxe un novo tema de Terbutalina, ‘Costa abaixo’. Escoitamos tamén a música da angolana Pongo, que participa na final do Festival da Canção de Portugal e mais a Los Enemigos, que esta fin de semana ofrecen dous concertos en Santiago.

Solrain, Grampoder e mariagrep

Tito Lesende pica hoxe ‘Quiero volver’, canción do primeiro disco dos coruñeses Solrain, avánzanos ‘PM’, o regreso dos composteláns Grampoder e pon o ramo coa ‘Tirita’ de mariagrep. 

Santi Araújo, Annie B. Sweet e o ‘Xuntos’ de Familia Caamagno

Tito Lesende traénos hoxe unha das pezas do novo disco de Santi Araújo, coa colaboración de Leonor Watling,  un avance do traballo da andaluza Annie B. Sweet cos cántabros Los Estanques e a estrea mundial da nova canción de Familia Caamagno, unha versión do ‘Xuntos’ de Juan Pardo.

O solsticio de Baiuca e Carlos Núñez

Escoitamos con Tito Lesende ‘Solsticio’, o tema no que colaboran Baiuca e Carlos Núñez. Entre os próximos concertos, recordamos a actuación de Grande Amore en Santiago esta fin de semana e avanzamos o paso por Galicia en abril da canadense Julie Doiron.

Berto, Sés e Ángel Stanich

Tito Lesende pica hoxe música do novo EP de Berto con Mariña Paz, a Sés, que este venres actúa en Santiago antes de empezar xira por América Latina e o último disco de Ángel Stanich, que a próxima semana dará concertos en Galicia. 

María Guadaña, Eels e dani

Tito Lesende pica hoxe música do novo álbum da andaluza María Guadaña, avánzanos o novo traballo dos estadounidenses Eels, que actuarán en Galicia en abril, e anúncianos concertos da viguesa dani.

Cepeda, Vega e Ataque Escampe

Tito Lesende adiántanos discos que se publicarándurante este ano: o terceiro traballo de Cepeda; ‘Mirlo Blanco’, o novo álbum de Vega e mailo compilatorio ‘Puro Deleite’ no que participan Ataque Escampe cunha versión da canción que Ana Kiro cantou en 1967 no festival de Benidorm.

Música para pechar 2021

Tito Lesende despide o ano con música de Baiuca, Grande Amore e mais do grupo asturiano Alberto & García, que actúa enFerrol o próximo luns. 

Pin It on Pinterest