Todas as colaboracións

‘Català-Roca en Galicia. 1956-1976’ amosa a antiga Galicia a través dos ollos dun catalán

Falamos coa nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento, sobre a mostra “Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976”. A exposición está no Kiosko Alfonso da Coruña e recolle 166 imaxes, algunhas delas inéditas, seleccionadas entre o milleiro de fotografías que Català-Roca tomou nas sucesivas viaxes que realizou a Galicia ao longo de 20 anos. Durante estas viaxes, o fotógrafo percorreu unha trintena de localidades repartidas por toda a xeografía galega.

Entre as imaxes seleccionadas, poden atoparse capturas de lugares como Santiago de Compostela, A Coruña, Noia, Ribadavia, Vigo, Lugo, Bueu ou Cebreiro ou Ourense.

O peche do Museo MAC

Coma cada luns, a colaboración de Rosario Sarmiento chega para informarnos sobre as novas do mundo da arte. Esta semana analiza unha mala noticia: a cidade herculina perde o Museo MAC, despois de 30 anos.

Pin It on Pinterest