Todas as colaboracións

Unha nota de cor coa mostra de Colmeiro na Coruña

Colmeiro, cor e sentimento contitúe unha revisión da obra de Manuel Colmeiro, un dos pintores chave na historia da arte galega do séculoi XX, desde unha optica diferente: analizando a importancia da cor na sua obra a través de case cen pezas, a maioría óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística.

A comisaria da mostra, na Fundación Luis Seoane da Coruña, a artista plástica Mónica Alonso, constrúe un percorrido expositivo que permite ao espectador mergullarse na obra do artista a través do emprego que este fai da cor: os azuis e verdes, básicos na súa pintura, presentes nas súas paisaxes, no mar; os amarelos e laranxas para a luz, para iluminar a roupa e expresar emocións como a ledicia; os vermellos, menos frecuentes, como ferramenta de contraste; os marróns da terra, que atenúan a dureza dos grises e os negros do rigor da existencia e do horror da guerra.


Tratase dunha revisión da obra de Manuel Colmeiro, un dos pintores chave na historia da arte galega do séculoi XX, desde unha optica diferente: analizando  a importancia da cor na sua obra a través de case cen pezas, a maioría óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística.

A comisaria da mesma, a artista plástica Mónica Alonso, constrúe un percorrido expositivo que permite ao espectador mergullarse na obra do artista a través do emprego que este fai da cor: os azuis e verdes, básicos na súa pintura, presentes nas súas paisaxes, no mar; os amarelos e laranxas para a luz, para iluminar a roupa e expresar emocións como a ledicia; os vermellos, menos frecuentes, como ferramenta de contraste; os marróns da terra, que atenúan a dureza dos grises e os negros do rigor da existencia e do horror da guerra.

Catro exposicións para empezar 2022

Rosario Sarmiento dános claves para este novo ano no ámbito artístico e recoméndanos catro exposicións que poderemos visitar nos primeiros meses de 2022 na Coruña, Santiago e Vigo e que protagonizan os artistas Manuel Colmeiro, Peter Lindbergh, Hamish Fulton e Teresa Moro.

Un 2021 de arte no retrovisor

Rosario Sarmiento vóltanos visitar para repasar as exposicións máis chamativas neste ano 2021, como “Os corpos presentes”, “Solovki. Fotografías”, “Accións peregrinas” e “Moscoso Cosmos: o universo visual de Víctor Moscoso”.

Camiños II no CGAC

Percorremos con Rosario Sarmiento a mostra “Camiños II”, a segunda parte da exposición que o CGAC lle dedica ó fenómeno das camiñadas e peregrinacións. A mostra está aberta ata o 23 de xaneiro e inclúe obras de Alberto Carneiro, Fernando Casás ou Jorge Barbi.

Achegámonos á pintura de Alejandro González Pascual

Rosario Sarmiento lévanos de visita artística á Coruña, concretamente ó Museo de Belas Artes. Alí está a ser exposta unha colección do pintor coruñés Alejandro González Pascual (1930-1993), unha das figuras máis singulares das últimas décadas do século XX da plástica galega, e da que a nosa colaboradora de arte nos quixo dar parte e aproximación.

Antonio Murado expón ‘Lienzo’

Rosario Sarmiento guíanos no percorrido pola última exposición do pintor lugués Antonio Murado.
Lienzo‘ pode visitarse na galería Vilaseco da Coruña ata o 25 de xaneiro. 

A escultura de Jorge Castillo

Rosario Sarmiento convídanos a percorrer a exposición ‘Castillo, escultor’, a primeira mostra que se centra centrada na faceta escultórica do pintor pontevedrés Jorge Castillo. A exposición pode visitarse no museo centro Gaiás ata finais de febreiro de 2022. 

Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Rosario Sarmiento comenta a exposición que recolle os traballos presentados á duodécima edición do premio Auditorio de Galicia para novos artistas. A mostra pode verse no Auditorio compostelán ata finais do mes de xaneiro.

Lúa Ribeira en FFOCO

Rosario Sarmiento comenta a quinta edición do Festival de Fotografía da Coruña, e repara na exposición ‘Profundar’ da artista Lúa Ribeira, na que inclúe esculturas de seu pai, Xosé Manuel Ribeira.

Lodeiro xeométrico

Rosario Sarmiento comenta a exposición ‘Lodeiro. A xeometría inexacta’, que incide na xeometría como elemento fundamental para entender a obra do pintor vigués Xosé Lodeiro, finado en 1996. A mostra pode visitarse na Fundación Laxeiro de Vigo ata o 16 de xaneiro.

 

Pin It on Pinterest