Todas as colaboracións

Premios Merlín e Jules Verne

Hoxe Montse Pena Présas, a nosa colaboradora de literatura infantil e xuvenil, fala de libros premiados: en concreto do Premio Merlín e do Premio Jules Verne: Kusuma de Héctor Cajaraville e Aplicación Instantánea de Carlos Negro.

A natureza e o rural na literatura

Montse Pena Présas fala hoxe do mundo da natureza e do rural, a través de dous libros: “A formiga fóra do carreiro” de Raquel Castro, ilustrada por Ángela Álvarez Paula, obra de teatro recentemente publicada pola editorial Galaxia e mais un álbum ilustrado dun clásico, Xosé Neira Vilas, publicado en 2016.

Lecturas de medo para o samaín

Hoxe Montse Pena reoomenda aos oíntes dúas lecturas de medo para o samaín. A primeira delas é ‘Contos para nenos peculiares’ de Ramson Riggs, traducido ao galego por Moisés Barcia e publicado en Sushi Books. O autor xoga con elementos diferentes dos contos tradicionais para transformalos e usar o macabro e o humor como principais armas para sorprendernos. As incribles ilustracións lembran a un libro antigo, fermosamente editado.
A segunda obra é ‘Os esqueletos divertidos’ de Janet e Allan Ahlberg, traducido por Óscar e Sandra Senra Gómez en Kalandraka. Algúns dos grandes acertos da obra: o humor, a desmitificación do mundo dos esqueletes para os máis novos e unhas ilustracións sinxelas en apariencia que van cambiando de perspectiva, e que constrúen un álbum con alento de banda deseñada.

A antropóloga francesa Michèle Petit publica o seu libro ‘Ler o mundo’

A antropóloga francesa Michèle Petit volve conquistar os seus lectores co seu libro ‘Ler o mundo’. A lectura ten a capacidade de desenrolar  a imaxinación, pero tamén a empatía e a solidariedade. As palabras e os versos convértense nun refuxio ao que sempre podemos volver. É curioso a lembranza que os libros deixan nas persoas, a forma na que cambian a nosa vida.

‘Ler o mundo’ é un libro que non pode faltar nos fogares de bibliotecarios e mestres, xa que actúan como mediadores entre os máis pequenos e a lectura. “Ler é unha viaxe cara ti mesma, unha autodescuberta e un refuxio”, conta Montse Pena Presas no Diario Cultural de hoxe.

Pin It on Pinterest