Pedra en seco
A pedra en seco é unha técnica de construción moi habitual en Galicia.
A pedra en seco é unha técnica de construción moi habitual en Galicia.
A actualidade das artes do movemento que nos achega Sabela Mendoza pasa por ‘Nina Ninette’, ‘Technocracia’ e as Xornadas de Danza e Artes Vivas.
De Taiwán a Portugal, Emilio Españadero relátanos as novidades na música de raíz.
Esta semana Armando Requeixo dá noticia da aparición de Rapazas de Polar, a máis recente novela de Eva Moreda. Rapazas de Polar (Morgante) nárranos as aventuras dun grupo de rapazas dun internado galego en tempos da Guerra Civil e a inmediata Posguerra.
Novela de formación, o realismo das súas páxinas non refuga certas pingas de fantasía para construír un retrato epocal no que se deitan, transversalmente, interesantes reflexións sobre cuestións como o papel da Igrexa, os marcados roles da muller e o home nestes anos ou o illamento deste tipo de centros respecto das circunstancias sociais que os rodeaban.
Rosario Sarmiento fálanos das mostras que se poden ver na Casa do Cabido en Santiago de Compostela.
Celebramos o centenario do pasamento de Camille Saint-Saëns co noso colaborador Luis Miguel Crespo.
O noso colaborador de cultura científica, Manuel Vicente, explícanos que son os aerosois e por que son a principal vía de contaxio do coronavirus.
Na colaboración de Alfonso Espiño na edición do Diario Cultural dos domingos falamos das novidades musicais:
Dende Palencia chegou a cantautora Alba Wayra. Non tardou moito en comezar a compoñer en galego melodías que, nas súas palabras, son medicina para a alma.
A volta dos cines en Galicia é unha realidade, igual que Hierro, unha das series galegas máis importantes da actualidade.
Tito Lesende preséntanos música de Galicia como o novo adianto dos Resentidos e de fóra, novo de Luis Prado, un valenciano con moita retranca.