Videos

A Mostra de Cangas e o Singlot de Girona, xuntos polo humor

A Mostra de Cangas e o Singlot de Girona únense polo humor. Neste Diario Cultural falamos con Quico Cadaval, actor do espectáculo”Vacas, guerras, porcos e cregos” da Cía Producións Teatrais Excéntricas. Tamén escoitamos a Enric Cambay, subdirector do Singlot Festival. Andreu Buenafuente é o director desde hai 5 anos (2015) do Singlot Festival de Sant Feliu de Guixols en Girona do 4 ao 7 de xullo.

Unha historia de dous cómicos demandados por un chiste. Hai límites ao humor? Estes cómicos deben ir ao cárcere? Un espectáculo de reflexión en que o público decide o final da historia.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A Mostra de Cangas e o Singlot únense polo humor no teatro. Como cada luns de verán, sección de banda deseñada con Carlos Portela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos das IV Xornadas Fundación Manolo Paz e da conferencia do arquitecto Álvaro Siza. Tamén presentamos o Encontro Galego de Cultura Popular. Os venres de verán falamos de audiovisual con Beli Martínez. Nesta ocasión presentamos os Premios Crea. O cineasta Oliver Laxe recibe un galardón pola internacionalización do noso cinema. As mulleres de Teño unha horta en San Sadurniño reciben o premio á igualdade por poñer en valor o rural e achegar as novas tecnoloxías ás mulleres de San Sadurniño.

Carlos Núñez conecta a música celta co patrimonio galego

Carlos Núñez estará este mes de xira por lugares máxicos de Galicia, como os petroglifos de Campo Lameiro ou o mosteiro de Oseira. Conectar música con patrimonio para transmitir a esencia da nosa identidade e cultura.

Cada lugar esixe un repertorio diferente e permitirá que os asistentes vivan unha auténtica experiencia.

“Imaxinades Andalucía renunciando á etiqueta do flamenco? Pois nós non podemos darlle as costas á Galicia celta”, explica o músico.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O gaiteiro Carlos Núñez conecta a música celta co patrimonio galego a través dunha xira por lugares máxicos de Galicia. Como cada venres, tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Os xoves son días de música con Tito Lesende. Hoxe falamos do ciclo TerraZeando. Unha proposta musical para dinamizar as rúas de Compostela nestas tardes de verán. Tamén falamos de dous citas musicais moi importantes en Galicia: o Portamérica e o Resurrection Fest.

Falamos do Festival Internacional de Peregrinos Musicais

Comeza o Festival Internacional de Peregrinos Musicais, un encontro de músicos que chegan dende diferentes partes do mundo. Neste Diario Cultural temos connosco a Ilona Timchenko, fundadora e directora artística do evento. Pianista de recoñecido prestixio internacional, que recibiu máis de 20 premios ao longo da súa traxectoria e tocou con algunhas das máis prestixiosas orquestras de Europa.

“Cando os músicos de diferentes culturas comparten escenario, algo ocorre”, asegura a música.

Tamén escoitamos a Bruktawit Martins González, violinista de 14 anos anos que vive na Coruña; e falamos con José Antonio Álvarez Losada, profesor de violín en Palma de Mallorca.

Cando Bruktawit era pequena viu un violín de xoguete nos postos das festas de Monforte de Lemos. “Díxenlle a miña familia que quería un, namoreime, e tiven claro que de maior quería dedicarme a isto”, conta a música.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza o Festival Internacional de Peregrinos Musicais e falamos coa fundadora Ilona Timchenko e coa violinista Bruktawit Martins González.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Os mércores son días de música clásica con Luís Miguel Crespo. A segunda edición do Serán do Gaiás pon en valor as bandas de música de Galicia, unha manifestación artística moi arraigada á cultura galega.

Comeza o Festival Clas Clas, de música clásica de Vilagarcía

Comeza a segunda edición do Festival Clas Clas, o Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa. Neste Diario Cultural temos connosco a Pablo Vidal, adxunto á dirección artística do Festival. Tamén escoitamos a Iago Domínguez Eiras, músico que participa no programa de novos valores internacionais da música clásica.

“A paixón pola música fai medrar ao bo músico”. Unha loita constante por alcanzar a perfección, un camiño que só é posible seguir con moita paixón pola música.

Un espazo de encontro de músicos internacionais e un reflexo do talento galego que está a formarse fóra das nosas fronteiras.

Pin It on Pinterest