Videos

Un filme en galego compite por primeira vez en Cannes

O filme ‘O que arde’ de Oliver Laxe é a primeira película en galego que compite no festival francés de Cannes. Neste Diario Cultural falamos con Ángel Suanzes, enviado especial da CRTVG na cidade francesa. Tamén coñecemos o actor protagonista, Amador Arias.

“Estar en Cannes non é nada sinxelo. É fundamental para a construción do cinema galego e a defensa da nosa identidade”, asegura Suanzes.

Un filme que vai dende o intimismo ata a narración documental arredor dus dos problemas máis graves da nosa terra: os incendios que cada ano enchen de cinzas os nosos montes.

“Unha película construída para representar os galegos e para que o pobo poda sentirse orgulloso e ilusionado”, engade.

Na cidade francesa tamén están os protagonistas da historia, Amador Arias e Benedicta Sánchez, dous actores amateur que sorprenderon ata ao mesmo director.

“Hai un momento da gravación en que a personaxe de Benedicta colle unha forza que deixa abraiado ao propio creador da historia”, di Suanzes.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O filme ‘O que arde’, de Oliver Laxe, é a primeira película en galego que compite no Festival de Cannes. Como cada martes, falamos de libros con Armando Requeixo.

‘O que arde’ chega mañá a Cannes

Mañá presentase en Cannes o filme ‘O que arde’ do cineasta galego Oliver Laxe. Trátase da primeira vez que unha película en lingua galega compite en sección oficial do Festival. Faino no apartado ‘Unha certa ollada’ con máis de 30 filmes de todo o mundo. 

Coñecemos como vai a ser a presentación e como está o ambiente por Cannes grazas ao compañeiro da Televisión de Galicia que está a cubrir o festival, Ángel Suanzes, e o director do filme, Oliver Laxe. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Mañá presentase en Cannes o filme ‘O que arde’ do cineasta galego Oliver Laxe e hoxe ímos ata alí para coñecer como está o ambiente e falar co director.

Ademáis temos colaboración de arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe coñecemos a segunda edición da Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney que comeza esta tarde no Salón Teatro de Santiago de Compostela e que se levará a cabo ata o 24 de maio. Proxectaranse un total de 9 filmes, catro longas de ficción e cinco documentais, de Chile, México, Arxentina, Uruguay, Brasil, Estados Unidos e República Dominicana.  

Hoxe celébrase a gala inaugural na que se fará entrega do II Premio Revbela de Comunicación e Investigación ao fotoperiodista Javier Bauluz, Premio Pulitzer de Periodismo en 1995.

Galaxia publica a última novela de María Xosé Porteiro

Galaxia publica ‘Sándalo’, a última novela de María Xosé Porteiro. Neste Diario Cultural descubrimos a familia que une Cuba con Galicia. Galegos que construíron cultura, irmandade e sociedade porque o pobo de Cuba e o galego sempre estarán unidos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A Editorial Galaxia publica a última novela de María Xosé Porteiro, titulada ‘Sándalo’. Como cada luns, tempo de música tradicional con Emilio Españadero.

Megumi Shiozawa no Diario Cultural

Entrevista a Megumi Shiozawa, responsable Casa Galicia-Xapón, que organiza a exposición “Beleza e Creatividade en Peregrinación” na Fundación Eugenio Granell.

Pin It on Pinterest