Videos

Anaír Rodríguez presenta ‘Pioneiras 2’

Na véspera do Día da Muller falamos de ‘Pioneiras 2’ coa súa autora, Anaír Rodríguez.

Proxéctase en Ourense o primeiro capítulo de ‘STRPTS’

Cinema Sticado presenta hoxe no Auditorio Municipal de Ourense o primeiro capítulo de ‘STRPTS’, unha obra de cine en vivo.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Nesta edición do ‘Diario cultural’ falamos con Xosel Díaz, de Cinema Masticado, que presenta no Auditorio Municipal de Ourense o primeiro capítulo de ‘STRPTS’. Tamén coa autora Anaír Rodríguez do seu libro ‘Pioneiras 2’, e coma todos os xoves, Tito Lesende tráenos o mellor da música.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Hoxe comezamos o ‘Diario cultural’ despedindo o poeta Manuel Vinalova. Tamén viaxamos ata o Centro Galego de Arte Contemporánea, que inaugura a primeira exposición monográfica dedicada á vida de René Heyvaert que se pode ver fóra de Bélxica, e ao Museo da Catedral de Santiago, que xa acolle ‘O Tríptico de Pentecostés’ restaurado.

Para rematar, falamos coa cineasta e actriz galega Sonia Méndez, que estrea a road movie de corte feminista ‘Antes de perder’ na plataforma dixital Playz.

Domingo Villar preséntanos o seu novo libro, ‘O último barco’

Neste espazo cultural conversamos con Domingo Villar, que nos presenta o seu novo libro, ‘O último barco’, publicado pola Editorial Galaxia.

Unha viaxe entre Vigo e Moaña a través da desaparición de Mónica Andrade. Trátase da terceira entrega das andanzas do inspector Leo Caldas e do seu escudeiro aragonés Rafael Estévez. Despois de ler ‘Ollos de auga’ e ‘A praia dos afogados’, é o momento de mergullarse neste novo libro.

“Eu teño o costume de ler en voz alta o que vou escribindo e sempre lle lía o meu pai, non en busca dun xuízo, senón en busca dun oído”, recorda o escritor.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Domingo Villar presenta o seu novo libro, ‘O último barco’, publicado pola Editorial Galaxia. Esta obra é a terceira entrega das andanzas do inspector Leo Caldas, que chega despois de ‘Ollos de auga’ e ‘A praia dos afogados’.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

A curta galega ‘Benvidas ao club’ sobre a operación Carioca recibe o Premio Especial Biznaga de Prata no Festival de Málaga. A trama corrupta, o tráfico de mulleres e a explotación sexual son os protagonistas deste documental dirixido por Carmen Granxeiro. Unha obra que loita por visibilizar a realidade da prostitución a través deste caso lucense.

Día da Muller dende o Consello da Cultura Galega

Neste Diario cultural imos ata a biblioteca do Consello da Cultura Galega. O vindeiro 8 de marzo, as mulleres volven saír ás rúas para reinvindicar os seus dereitos.

“Esta é unha loita de hai máis de 200 anos que pasa por diferentes etapas, estamos agora no que se chama a ‘cuarta onda’ do feminismo, protagonizada polas mulleres máis novas e que mesmo poñen en cuestión novos aspectos”, explica María Xosé Porteiro, coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.

O Consello da Cultura Galega ofrece, a través da súa web, fondos documentais para descubrir a historia do 8 de marzo. Isto lévanos ata as fábricas téxtiles de Nova York a mediados do século XIX, onde as mulleres comezaron unha loita que continúa hoxe.

“En Galicia temos un movemento feminista organizado que ten moita historia, que comezou moi cedo e que reflicte todas as pólas polas que foi avanzando o feminismo, con figuras moi senlleiras como Nanina Santos Castroviejo e María Xosé Queizán”, engade María Xosé Porteiro.

Hoxe tamén comeza o ciclo de cine Olladas de mulleres, organizado polo Consello da Cultura Galega e o CGAI, en que se proxectan obras fílmicas realizadas por mulleres como Todas as mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro.

Como volven as mulleres pola noite á casa? “Estou chegando á casa”, “imito o andar dun home” ou “quen non fixo como que fala por teléfono?” son algunhas das frases que forman parte da vida cotiá da muller.

Neste espazo cultural tamén falamos con Dolores Vilavedra, secretaria do Consello da Cultura Galega, e con Håkan Casares, coordinador do Observatorio da Cultura Galega.

Porque o feminismo forma parte da cultura galega e do noso pasado, presente e futuro.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Chega o Día da Muller e coñecemos iniciativas e proxectos para reinvindicar os dereitos das mulleres. Imos ata o Consello da Cultura Galega e tamén falamos de artes escénicas con Roberto Pascual.

Pin It on Pinterest