Videos

Podcast Diario Cultural 10:30

O Pórtico da Gloria volve abrir as súas portas cunha obra que recupera a policromía orixinal do gran Mestre Mateo. Tamén falamos de teatro infantil con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural 14:45

O comezo de 2019 chega co estreo da película ‘Memorias dun home en pixama’, unha comedia romántica protagonizada por Raúl Arévalo e María Castro.

Luís Vallecido pon música aos contos clásicos

Volven os contos clásicos, pero esta vez con música e baile. Luis Vallecido publica ‘Cantamos’, un libro-disco no que podemos escoitar as historias de sempre dunha forma diferente. Esta obra chega da man dunha nova editorial, Guindastre. Nas ondas da Radia Picariña, a emisora infantil da Radio Galega, xa podemos escoitar estas auténticas obras de arte.

“Teño unha débeda importante co público galego”, conta este músico madrileño, ao que engade: “este disco é unha forma de devolverlle a Galicia todo o agarimo que sempre me deu”. Un libro creado co amor á terra e á cultura galega.

Neste espazo cultural tamén recibimos a visita de Celtia Figueiras, autora dos textos de ‘Cantamos’. A obra inclúe uns elementos moi anovadores: os pictogramas. Así nace un libro inclusivo, que facilita o acceso para os máis pequenos da casa. “Non somos concientes do importante que son os pictogramas para facilitar a lectura das persoas con autismo”, explican os dous artistas.

Podcast Diario Cultural 10:30

Escoitamos o novo libro-disco ‘Cantamos’ de Luís Vallecino. Para despedir o ano 2018, Armando Requeixo recoméndanos unhas boas lecturas para comezar o novo ano entre boas letras.

Pecha o MAC, o Museo de Arte Contemporánea da Coruña

Pecha o MAC, o Museo de Arte Contemporánea da Coruña

A crítica de arte Natalia Poncela presenta “Nem tudo é arte? Mod@s de olhar”

Un ensaio publicado por Através na colección Alicerces que dirixe Teresa Moure

Podcast Diario Cultural 9:30

A crítica de arte Natalia Poncela presenta ‘Nem tudo é arte? Mod@s de olhar’, un ensaio publicado por Através na colección Alicerces que dirixe Teresa Moure.

O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, fálanos dos Papeis da Academia, o anuario dixital da institución no que repasan que aconteceu este ano, adiantan proxectos de 2019 e homenaxean a seis pioneiras do audiovisual.

Podcast Diario Cultural 17:30

O Diario Cultural de esta tarde emitiuse dende a Sala Iguana de Vigo, polo 28 aniversario do local e a súa influencia na música viguesa. Os seus propietarios e encargados fixeron un percorrido pola intensa vida da sala, dende a súa fundación no ano 1990.

A Iguana foi punto de encontro para os afeccionados do rock and roll da cidade viguesa e reuniu a algúns dos grupos máis coñecidos do panorama galego. Un dos convidados principais será Billy, encargado da sala durante moitos anos, labor que compaxinou co seu traballo de músico no grupo Killer Barbies.  Para falar da influencia de Iguana na música viguesa interviu no espazo Xosé Otero, presentador do programa ‘A Canteira’ de Radio Ecca. Otero explicou a historia dos grupos que se deron a coñecer na sala viguesa.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos de premios con banda sonora. A casa de Rosalía entrega este venres día 28 o premio de Investigación e Ensaio Ramón Baltar Feijóo.

Pin It on Pinterest