Videos

“Morris” recibe o Premio Cineuropa no Teatro Principal de Santiago

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle hoxe a entrega do Premio Cineuropa ao actor Antonio Durán “Morris”, no acto de clausura do festival. Tamén se anunciará o Palmarés do Xurado Novo e farase entrega do Premio de Dereitos Humanos.

Podcast Diario Cultural 17:30

Antonio Durán “Morris” recibe hoxe o Premio Cineuropa no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A nosa colaboradora, Rut Balbís, fálanos sobre o encontro final de Residencias Paraíso.

Tamén entrevistamos a Noelia Gómez, autora do poemario “O xiro”.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza un dos acontecementos editoriais máis relevantes de América Latina. Trátase da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, que reúne cada ano os representantes do ámbito literario e editorial.

Falamos con Xesús Alonso Montero no seu 90 aniversario

Neste Diario Cultural conversamos con Xesús Alonso Montero no seu 90 aniversario. Son 90 anos dedicados ao compromiso coa cultura e coa lingua, nos que foi presidente da Real Academia Galega dende 2013 a 2017, ademais de autor de numerosos estudos sobre lingua e historia da literatura, escritor, poeta e profesor. O mestre das palabras deixou pegada na vida de numerosas persoas e continúa, na actualidade, cambiando o mundo coas súas letras.

O gran Xesús Alonso Montero recorda a súa etapa de docencia, na que cambiou a vida de moitos dos seus alumnos. “Ninguén me ensinou a ser profesor, pero menos a ser profesor durante o franquismo”. Ser mestre na ditadura significa estar en desacordo co réxime, pero intentar facer algo en contra da ditadura, asegura o gran Xesús Alonso Montero. Nas súas clases, escritores como Rosalía de Castro, Castelao ou Machado convertíanse na mellor forma de loitar por un mundo diferente.

A sensación de medo sempre estaba ao seu carón. Medo a que algún daqueles alumnos, fillos de franquistas, contara na casa que na súa clase lían textos censurados polo réxime. Medo a perder a súa Cátedra de Literatura Española pola que tanto traballara. Un compromiso polo que segue loitando na actualidade.

Podcast Diario Cultural 10:30

Celebramos o 90 aniversario do mestre das letras, Xesús Alonso Montero. Como cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.

A Fundación Eugenio Granell conmemora o que sería o 106 aniversario do artista coruñés

Un 28 de novembro de 1912 nacía na Coruña Eugenio Granell. Para conmemorar o acontecemento, a Fundación que leva o seu nome organiza diversas actividades.

Os actos comezan hoxe coa conferencia “Xoguetes: os talismáns da arte moderna”, a cargo do profesor Javier Arnaldo. Ademais, haberá unha xornada de portas abertas os días 28 e 29 de novembro.

Podcast Diario Cultural 17:30

A Fundación Eugenio Granell conmemora nestes días o que sería o 106 aniversario do artista coruñés.

Ademais, Alba Cid fálanos sobre “A vida salvaxe”, un poemario de Gonzalo Hermo que o foi galardoado co Premio Afundación 2018.

Podcast Diario Cultural 14:45

Remata o ano das letras de María Victoria Moreno cun simposio de clausura sobre a obra da escritora. O evento está coordinado polas académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey.

 

Unha viaxe polas ilustracións de Xosé Cobas

O libro ‘Caderno de Momentos’ recolle a traxectoria vital e creativa do ilustrador Xosé Cobas. O seu talento deulle vida ás palabras de Neira Vilas en ‘Memorias dun neno labrego’ ou Manuel Rivas en ‘O último día de Terranova’. Así as letras transformáronse en cores nos libros, cadros, gravados e carteis do autor.

Neste Diario Cultural conversamos con Xosé Cobas sobre as súas creacións. Dende pequeno aprendeu a realizar unha lectura visual do mundo que lle rodea. Non soamente lía as imaxes que ofrece a natureza, senón que tamén observaba todos os elementos do seu entorno.

As cidades galegas, en concreto, A Coruña, xogaron un papel esencial na súa creación. “A luz atlántica que invade o noso país é única, e moi diferente á luz mediterránea”, sinala o ilustrador, que sempre conseguiu trasladar a maxia desa luz galega ao papel.

Podcast Diario Cultural 10:30

O ilustrador Xosé Cobas publica ‘Caderno de Momentos’, unha obra na que a súa vida e traxectoria se converte en arte chea de vida. Tamén falamos de narrativa con Armando Requeixo.

Pin It on Pinterest