Videos

Mañá estréase en Cineuropa “Morir para contar”

Nerea Barros preséntanos “Morir para contar”, un documental dirixido por Hernán Zin. Esta obra conta a historia de grandes reporteiros de guerra que narran as súas peores lembranzas e o xeito no que se enfrontaron a elas. Ao mesmo tempo, coñecemos de preto o traballo de quen brinda axuda aos xornalistas que padecen tensión postraumática. Cada protagonista de “Morir para contar” falará dun conflito en particular, polo que será tamén unha viaxe á guerra desde Vietnam ata os nosos días, así como unha homenaxe aos compañeiros.

Podcast Diario Cultural 17:30

Cineuropa presenta a estrea do documental “Morir para contar”, dirixido por Hernán Zin.

Rosario Sarmiento fálanos da mostra de fotografía da mexicana Graciela Iturbide na Fundación Barrié da Coruña.

Podcast Diario Cultural 14:45

O proxecto ‘Terra e Memoria’ compila nun portal web un traballo de investigación sobre a Historia de América realizado durante décadas. O proxecto realizouse a partir de máis de 2.000 entrevistas como material principal. A temática é moi variada, dende o enfoque migratorio ata o tema bélico.

Podcast Diario Cultural 10:30

Redondela publica libros escritos pola veciñanza sobre as súas parroquias, co obxectivo de conservar a tradición e a toponimia. Como cada luns, música tradicional con Emilio Españadero.

A veciñanza de Redondela escribe libros sobre as súas parroquias

As parroquias de Redondela contan cun gran patrimonio cultural nas súas capelas, cruceiros ou lavadoiros. Lugares con nomes propios, así que os veciños decidiron deixalo por escrito para evitar que o paso do tempo borre esa toponimia.

O resultado é a publicación de libros escritos pola veciñanza. Neste ‘Diario Cultural’ falamos con Olga Nogueira, autora do libro sobre a parroquia de Ventosela. A autora asegura que coa diminución do traballo no campo pérdese tamén o nome dos lugares e camiños, o que supón unha gran ameaza para a toponimia.

Tamén conversamos con Lola Míguez, autora do libro sobre a parroquia de Cesantes, quen se mostra comprometida con divulgar o pasado de Redondela ás xeracións máis novas que, en moitos casos, descoñecen o patrimonio da zona.

 

Cancións clínicas: unha catarse post-punk

Chicharrón publican con Prenom o seu terceiro disco, un traballo circular en branco, negro e vermello que se presentou en directo en Carballo. Unha ocasión para falar coa banda pero tamén para coñecer o novo centro social autoxestionado Casino 1889.

O novo disco e a xira de Matthew Sweet

Matthew Sweet acaba de sacar disco e vén de xira por aquí cerca. Beck dixo un día que cando era neno pasaba moitas horas escoitando a radio esperando que soasen temas excitantes. A Matías Tarrio pasoulle algo parecido. Foi no ano 97 cando tiña 15 anos e é aí onde comeza esta colaboración: Viva Matthew Sweet!

Podcast Diario Cultural 14:15

Cancións clínicas: unha catarse post-punk.
Chicharrón publica con Prenom o seu terceiro disco, un traballo circular en branco, negro e vermello que se presentou en directo en Carballo. Unha ocasión para falar coa banda pero tamén para coñecer o novo centro social autoxestionado Casino 1889.

E na colaboración de Matías Tarrío, Mathew Sweet, que acaba de sacar disco e vén de xira por aquí cerca. Beck dixo un día que cando era neno pasaba moitas horas escoitando a radio esperando que soasen temas excitantes. A Matías Tarrío pasoulle algo parecido. Foi no ano 97 cando tiña 15 anos e é aí onde comeza esta colaboración: Viva Matthew Sweet!

Un día é para sempre. Visitamos Ciclón

Visitamos Ciclón: un espazo en Compostela dos artistas David Silva e Misha Bies Golas en que creadoras e creadores de diferentes disciplinas interveñen un cuarto durante un día e crean con 100 fotocopias unha obra que se reproduce nunha publicación coa colaboración da Axencia Gráfica. En Ciclón conversamos con tres artistas: Jaione Camborda, Carlos Maciá e Carolina Cordeiro.

Podcast Diario Cultural do día 9:30

Visitamos Ciclón: un espazo en Compostela dos artistas David Silva e Misha Bies Golas en que creadoras e creadores de diferentes disciplinas interveñen un cuarto durante un día e crean con 100 fotocopias unha obra que se reproduce nunha publicación coa colaboración da Axencia Gráfica. Colaboración de Manuel Vicente sobre ciencia.

Pin It on Pinterest