Destacados

Descubrindo a Virxinia Pereira Renda, unha muller con dignidade

Virxinia Pereira Renda é unha muller descoñecida para o gran público. ela foi a esposa de Castelao e unha persoa que viviu con dignidade o franquismo. Montse Fafardo escribiu ‘A vida incerta’, unha biografía sobre ela.

‘ConversArte’, facer partícipe ao público do sentido do patrimonio

Pilar Sánchez, auxiliar de sala na Rede Museística Provincial de Lugo, estivo hoxe no Diario Cultural para falar de arte, do Torques de Burela e da súa historia. 

Presentou a serie ‘ConversArte’, unha actividade para todos os públicos, en liña, para conversar arredor das pezas de arte e do patrimonio dos museos. Un xeito de facer partícipe ao público do sentido do patrimonio e do prestixio das súas obras. 

En concreto, a charla de hoxe leva por nome “O Torques de Burela, a colección de orivería antiga e popular. De xoias e novos valores”. 

A paisaxe difusa

Falamos da exposición de Xurxo Gómez-Chao ‘A paisaxe difusa’. Son unha serie de imaxes que exploran os límites da paisaxe rural cunha ollada única.

‘O corpus dos petroglifos de Galicia’, por fin en galego

‘O corpus dos petroglifos de Galicia’ é un libro de referencia no campo da arqueoloxía e o patrimonio en Galicia. Foi publicado a comezos do século XX en latín e non é ata agora que chega en galego da man de Xosé Souto Blanco.

‘Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas’

O Museo Provincial do Mar de Lugo inaugura a exposición ‘Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas’, que visibiliza ás mulleres da mariña lucense. 

A inauguración será a través do facebook do Museo Provincial do Mar e serán catro exposicións navegando desde o 16 de novembro ao 8 de marzo de 2021.

No Diario Cultural falamos coa súa coordinadora, Encarna Lago: “A mar é feminina cando estamos embarcadas; e masculino cando estamos en terra”. 

Miguel Cuba: “A ilustración transcende o mundo editorial”

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración reúnese mañá para celebrar o seu encontro anual. é a primeira vez que o celebran dun xeito completamente virtual. O tema central será a ilustración dende un punto de vista dixital.

Luz Fandiño, ‘A poeta analfabeta’, nas pantallas de Cineuropa

Luz Fadiño, a feminista e activista incansable, protagoniza aos seus 88 anos este documental, ‘A poeta analfabeta’, dirixido por Sonia Méndez. Onte foi a súa estrea en Cineuropa. 

O escultor Xoán Piñeiro, lembrado en Vigo polo seu centenario

A fundación que leva o seu nome, presidida por Suso Vázquez, celebra hoxe en Vigo un acto de lembranza ao escultor Xoán Piñeiro, entre outras actividades para conmemorar o centenario do seu nacemento. 

Concertos en directo e na rede

Espiño, Los Mejillones Tigre, Deva… Tito Lesende repasa unha semana máis as novidades musicais

As constelacións xa teñen nomes oficiais en galego

A Real Academia presenta nas Casa Das Ciencias O Léxico Galego Das Constelacións, o nome oficial das constelacions na nosa lingua

Pin It on Pinterest