Destacados

‘Camiño Branco’ de Rosalía con influencia latinoamericana: a nova proposta musical de Sheila Patricia

Inspirado nos versos de Rosalía xorde o novo traballo musical de Sheila Patricia. A artista presenta o seu espectáculo ‘Camiño Branco’, mesturando versos de Rosalía con sons de influencia latinoamericana. A estrea terá lugar o 16 de outubro no Teatro Jofre de Ferrol, en formato cuarteto. 

Alonso Caxade, xurado do Musicando Carvalho Calero: “As 80 participantes demostran que somos un país de artistas”

O Musicando Carvalho Calero recibiu 80 propostas musicais arredor dos versos de Carvalho Calero. Pop, rock, heavy, electrónica… tódolos xéneros acollen os seus poemas.

Hoxe falamos con Alonso Caxade, músico e mestre, que foi parte do xurado encargado de seleccionar 10 finalistas: “unha tarefa moi difícil pola alta clidade dos participantes”.

Falamos con Jorge Rey, director do Festival internacional de Títeres Galicreques

Con Jorge Rey, creador do Festival Galicreques hai 25 anos, fixemos un balance da experiencia. Presentounos tamén esta edición marcada, como non, pola situación sanitaria.

“Hai un montón de xente nova xa no oficio de titiriteiro e iso é o mellor que nos podía pasar”

Xabier Senín: “Os tradutores facemos un traballo de creación”

Entrevistamos a Xabier Senín novo membro correspondente da Real Academia galega e tradutor ao galego de máis de 150 obras literarias entre as que se atopan O Quixote e todas as aventuras de Asterix e Obelix.

O FIOT de Carballo está “en pausa”: alternativas de teatro para darlle ao “play”

Este 2020 non se celebrará unha nova edición fo FIOT de Carballo, pero durante esta pausa, aproveitan para darlle ao “play” a outras alternativas para gozar do teatro. 

A programación cultural estará composta por propostas como Curva España, A lingua das bolboretas, A xente 2.0, Liberto ou Prostitución. 

Durante estes días tamén se poderá disfruta da estrea absoluta da fición sonora ‘A lúa, válvula de spray’. 

Ramón Villares: “Hai moita lenda urbana sobre Carvalho Calero”

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, será o moderador dun simposio organizado pola Real Academia Galego sobre Carvalho Calero que se pode seguir online e que se vai prolongar cada xoves ata o 29 de outubro.

Estrea mundial de ‘Alén’, do compositor vigués Eduardo Soutullo, no 25º aniversario da Real Filharmónica de Galicia

A nova tempada da Real Filarmonía de Galicia é moi especial. Por un lado, é o 25º aniversario da orquestra, con sede no Auditorio de Galicia en Compostela. Para conmemoralo, a tempada estará inspirada na natureza baixo o nome “Emocións naturais”. 

Por outro, o inicio de tempada supón tamén a estrea mundial de ‘Alén’, do compositor vigués Eduardo Soutullo, merecedora do X Premio de Composición AEOS-Fundación BBVA 2019. 

A obra, inspirada na Porta do Alén, é unha viaxe entre a vida e a morte e será interpretada por case 30 orquestras de toda España durante as seguintes dúas tempadas. 

Eduardo Alonso, vicepresidente da Academia Galega de Teatro: “No ‘streaming’ non hai teatro”

Na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela estase a celebrar o I Congreso Internacional de Teatro Galego, co horizonte posto no ano 2030. Debateranse o futuro do medio e a necesidade de crear unha Lei Galega de Teatro. Falamos con Eduardo Alonso, vicepresidente da Academia Galega de Teatro, que considera fundamental a existencia de público físico para a existencia desta arte.

Xa temos as 10 cancións finalistas do Musicando Carvalho Calero 2020

Comezan as votacións para decidir que canción é a gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2020.

Estas son as 10 cancións finalistas:

  • Beleza de mulher (Aldea Carnal)
  • Calquer lugar e bom para morrer (Benja Morana)
  • O meu coraçom (Joao Moniz)
  • Todo o mundo é teu (Madalena Gamalho)
  • Calquer lugar e bom para morrer (Dandy Fever)
  • Demo Deus (Moito!)
  • A súa mazá (O Portugués)
  • Sonho de Catarina (A Banda da Loba)
  • Nom existe a morte (MJ Pérez)
  • Ferrol 1916 (Classicos Livres)

Mon Lendoiro: “Estamos manipulados pola información das redes sociais”

O FIOT non se pudo dar por mor do coronavirus, mais se está a celebrar unha edición con contidos enfocados no online entre a que destaca a actividade ‘Pandemia: Novos Retos’. Un dos participantes é Mon Lendoiro.

Pin It on Pinterest