A nobreza moderna
O profesor de historia Paulo Nogueira Santiago fálanos do seu novo libro ‘A nobreza galega na Idade Moderna’, no que resume a configuración da nobreza urbana nos séculos XVI e XVII.
O profesor de historia Paulo Nogueira Santiago fálanos do seu novo libro ‘A nobreza galega na Idade Moderna’, no que resume a configuración da nobreza urbana nos séculos XVI e XVII.
Baía Edicións publica ‘Xela Arias: palabra á intemperie‘. A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora.
Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.
No Diario Cultural, Emma Pedreira conversa con Ana Romaní.
Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Nesta ocasión, faino ademais coa recente boa nova de ter recibido o Premio Mil Primaveras da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) ao mellor proxecto estabilizado.
O prazo de participación estará aberto desde o 29 de marzo ata o 28 de maio de 2021 e a inscrición poderá facerse desde a páxina web do certame, onde tamén están xa dispoñibles as bases: www.enregueifate.gal. Falamos con Manolo Maseda e con Iván Calaza.
Do 6 ao 10 de abril desenvolverase en Compostela a 16ª edición da MICE, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, organizada polo Museo do Pobo Galego. Os filmes poderán verse no propio museo, na sala Numax e no Teatro Principal.
11 filmes participarán na sección oficial a competición, pero fóra diso poderemos ver tamén a estrea de ‘Negro Púrpura’, unha creación de Illa Bufarda.
Maruja Mallo é a protagonista da nova novela de Pepe Carballude, ‘A pintora libertaria’.
A Fundación Barrié de la Maza da Coruña acolle ata o 16 de maio a exposición ‘Miró. Unha colección’. Unha mostra que reúne 47 obras da época de madurez do pintor e escultor surrealista, un dos artistas españois con maior proxección internacional, cuxa obra chegou a exercer gran influencia tanto sobre os seus contemporáneos como sobre as xeracións posteriores.
Con esta exposición a Fundación Barrié retoma a súa liña de exposicións temporais de pintura de interese histórico que pretende achegar a Galicia o mellor da arte nacional e internacional. Neste marco presentáronse mostras de grandes artistas como Pablo Ruiz Picasso, O Greco ou Joaquín Sorolla, entre outros..
‘Non vale parar’ é un documental sobre a edición máis complexa da MIT de Ribadavia, a de 2020, marcada pola COVID. Falamos coas súas directoras, Ainhoa Viñuela e Blanca Selas.
‘Olvido y León’, a película de Xavier Bermúdez, volve aos cines como unha homenaxe ao actor Guillem Jiménez, recentemente falecido.
Falamos con Margarita Ledo e Mónica de Nut sobre o filme ‘Nación’, que narra a loita das mulleres de Pontesa pero ten vocación de ir moito máis aló.
‘Identidade’ é o novo libro de Nee Barros. Unha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír.
Mais, que pasa se nacemos nun molde “equivocado”? Diso falamos co autor.