Destacados

Lindy hop: bailando o Nova York dos anos 30 nas escolas galegas

O lindy hop é o baile que naceu nas pistas de Nova York nos anos 30 a ritmo de swing. Baile fortemente unido ás reivindicacións da comunidade afroamericana, aos clubes de baile e ás grandes bandas de música en directo. 

100 anos de historia que se poden revivir tamén en Galicia. Por exemplo, na escola Swing On de Vigo con dous pioneiros, Helena e Jorge. Con eles estivo conversando, e bailando, a nosa compañeira Érika Martínez. 

Así se prepara un festival de cine como o Play-Doc

O festival de cine Play-Doc reserva xa cinco días entre o 22 e 26 de setembro na vila fronteiriza de Tui. O mellor do cine novel, as retrospectivas de Manfred Kirchheimer e Bette Gordan, e mesmo filmes nunca antes vistos en España como ‘Sepa; nuestro seños de los milagros’ ou ‘Amerasia’. 

Este domingo 15 remata o prazo para que novos cienastas de todo o mundo poidan presentar os seus proxectos á sección de competición.

Sobre todo isto falamos co responsable de produción do festival, Ángel Sánchez.

A banda deseñada “Subnormal” estréase en galego no Viñetas desde o Atlántico

Un comic sobre o acoso escolar dos vigueses Fernando Llor e Miguel Porto, baseado na experiencia do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta. 

Ordes e Carballo, dúas vilas unidas pola arte urbana

Esta semana coinciden no calendario dúas iniciativas de arte urbana pioneiras: Desordes Creativas, en Ordes, dende o 9 de agosto, e Derrubando muros en Carballo, dende o 12 de agosto. Delas falamos con Sokram, organizador e este ano artista de Desordes Creativas e Maite Parga, organizadora do Derrubando muros de Carballo.

20 pioneiras da ciencia en Galicia

As matemáticas, a física, a medicina, a arquitectura, a tecnoloxía… son disciplinas que tamén pertencen ás mulleres, malia estar moitas vecesinvisibilizadas e caladas. E non é novidade, leva sendo así ao longo dos séculos, tamén en Galicia. Iso demostra ‘Galegas na ciencia’, un caderno ilustrado que recolle a vida e achegas de 20 pioneiras da ciencia en Galicia. Desde o século XVIII coa enfermeira Isabel Zendal, ata mediados do XX coa neuroquímica María Teresa Miras Portugal.

Neste Diario Cultural falamos coa autora, Isabel Blanco, e tamén a ilustradora, María Lapido. 

A verba que sobrevive á pendente da Ribeira Sacra

‘A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico’ é un documental de Lorena Gallardo e Humberto Novoa sobre a fala única da ribeira. Verbas moi vivas que siguen empregando os ribeiraos e as ribeirás, e unha forma de comunicación que fai da paisaxe pendente e o río un eixo social e cultural. 

Para protexer a Ribeira Sacra hai que coñecela; e coñecela pasa tamén por estas verbas vivas

Comeza a nova edición do Viñetas desde o Atlántico

Visítanos Miguelanxo Prado, director do Viñetas desde o Atlántico, que inicia no día de hoxe a súa nova edición, con charlas e exposicións espalladas por toda esta semana, até o vindeiro domingo 15 de agosto.

Xavier Senín, facer cultura desde a tradución

A de Xavier Senín é unha vida dedicada á tradución, como ben recoñece o seu recente Premio Nacional. Do francés, principalmente, podemos ler en galego obras universais como ‘A peste’ (Hugin e Munin) ou Asterix (Xerais). As súas traducións son xa patrimonio literario galego. 

Neste Diario cultural tivemos o privilexio de escoitar unha conversa entre Vituco Neira e Senín, nun lugar tamén referente como é a Libraría Couceiro de Compostela. 

Publícase en galego a exitosa novela da catalá Irene Solà

“Canto eu e a montaña baila”, de Irene Solà, está traducido a 21 linguas e recibiu galardóns como o Llibres Anagrama, o Cálamo ou o premio ao Mellor Libro Europeo. O selo Faktoría K da editorial Kalandraka publícao agora en galego, en tradución de María Alonso Seisdedos.

Xornadas Arraianas de Cine Rural

O concello de Entrimo acolle as V Xornadas Arraianas de Cine Rural.

Pin It on Pinterest