Destacados

Ruxe Ruxe celebra os seus 25 anos ruxindo sobre os escenarios con até 32 bandas

Samesugas, A Banda da Loba, Zënzar, Pakolas, Pauliña ou O Sonoro Maxín son algunhas das bandas que participan no disco doble 25 ANOS RUXINDO: TRIBUTO A RUXE RUXE, versionando as cancións da mítica banda de rock que máis os influenciaron nas súas carreiras.

A presentación do disco tivo lugar este sábado 3 de xullo nun encontro sorpresa para os integrantes de Ruxe Ruxe, que se mostraron moi emocionados. Tanto a idea orixinal e a gravación como o lanzamento do disco, foron iniciativa dalgúns músicos galegos que quixeron mostrarlle aos Ruxe a súa admiración e o seu agradecemento por estes 25 anos de carreira. Nestes tempos raros e difíciles para a música ao vivo e especialmente para o rock, este é sen dúbida o maior acontecemento musical dos dous últimos anos.

Volve poñerse o sol no Gaiás

Mañá comezan de novo os Atardeceres no Gaiás, ese ciclo de concertos ao aire libre na Cidade da Cultura que teñen como protagonistas a música e o sol. 

Os primeiros en pasar por este peculiar escenario serán dous grupo vigueses: Tulip e Helen&Shanna

Achegámonos á cestería de Mondariz somerxéndonos na posprodución dun documental sobre este labor artesanal

A cestería é un labor artesanal de gran tradición en toda Galicia, pero aínda o é máis en lugares como Mondariz. Santiago Pérez Carreira achégase a esta tradición nun documental que xa está en preprodución e que conta, entre outras, coa intervención da cesteira contemporánea Idoia Cuesta.

Peripecias dunha carteira

‘A Carteira’ de Santiago Lopo é un libro sobre un oficio, sobre as relacións humanas e sobre comezar de novo.

A nosa carteira, ante unha situación laboral precaria, acepta un contrato temporal na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures». Cun abano de personaxes sorprendentes, o humor, a intriga e a denuncia social mestúranse nunha trama orixinal narrada de forma directa. 

Xabier Paz publica “A Barcelonesa”

Xabier Paz publica “A Barcelonesa”

Cantos de terra e sal

Carmen Penim presenta novo disco, ‘Cantos de terra e sal’, como homenaxe ás mulleres do rural e o mar. 

Os finalistas dos María Casares

Onte á noite soubéronse os finalistas dos María Casares:

A obra A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, acadou un total de 8 finalistas nas categorías de espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actor protagonista, actor secundario, iluminación, escenografía e vestiario.

Pola súa banda, Dreaming Juliet,de Elefante Elegante, rexistra 5 finalistas nas categorías de espectáculo, actriz secundaria, música orixinal, escenografía e vestiario.

A obra 32m2, de ButacaZero, acada tamén 5 finalistas nos apartados de dirección, actor protagonista, texto orixinal, música orixinal e escenografía.

Tamén con 5 finalistas atópase Bailar Agora, de Marta Alonso de Tejada: espectáculo, dirección, actriz protagonista, iluminación e vestiario.

Micropectivas dun marica millennial, de Incendiaria, convértese en finalista en 4 categorías: espectáculo, actor protagonista, texto orixinal e iluminación.

Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, conseguen un total de 4 finalistas para os galardóns de espectáculo infantil, adaptación-tradución, actriz secundaria e maquillaxe.

O Premio, de La Quintana Teatro, tamén rexistrou un total de 4 finalistas nos apartados de actriz protagonista por partida dubla, texto orixinal e maquillaxe.

O mozo da última fila, de Redrum Teatro, acada tres finalistas nos apartados de actriz secundaria e actor secundario, neste segundo caso por partida dupla.

Por último, cinco obras conseguen 1 finalistas: Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area (adaptación-tradución), A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico (música orixinal), O libro da selva, de Teatro Avento Producións (maquillaxe), Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón (espectáculo infantil) e Ris Ras, de Baobab (espectáculo infantil).

 

Mulleres e cultura urbana

Arranca en Santiago de Compostela o ‘Delas Fest’, un festival de arte e cultura urbana con perspectiva de xénero, que promete encher as paredes da cidade de cores e reivindicacións. 

Pin It on Pinterest