Teatro do Noroeste estrea “As damas de Ferrol”
Teatro do Noroeste estrea esta finde “As damas de Ferrol” no Teatro Jofre ferrolán. Trátase dunha nova versión dirixida por Clara Gayo a partir do texto orixinal de Eduardo Alonso.
Teatro do Noroeste estrea esta finde “As damas de Ferrol” no Teatro Jofre ferrolán. Trátase dunha nova versión dirixida por Clara Gayo a partir do texto orixinal de Eduardo Alonso.
“É desexable unha colección permanente no CGAC? E de ser así, serían necesarios novos espazos ou máis espazo para o CGAC?”
Pedro de Llano Neira modera as mesas sobre “Coleccións públicas a debate: A colección CGAC” que se inscriben na programación do 30 aniversario do centro.
Diario Cultural das 19:45 horas
Diario Cultural das 17:30
O Museo de Belas Artes da Coruña acolle a exposición “Viaxar para pintar” ata o 10 de marzo de 2024
Trátase dunha mostra que reflicte a estadía do artista en Galicia, complementada con obras de artistas galegos cos que estableceu unha relación próxima. A súa comisaria é Sonia Martínez Requena.
“Hai que ofrecer olladas diversas do rural porque segue habendo moito preconceito sobre como é ou como foi a vida no rural”. As memorias da infancia protagonizan Cinco corujas o novo libro da escritora Susana Sanches Arins.
Diario Cultural das 19:45 horas
‘Os suicidantes’ é unha distopía ambientada en Santiago de Compostela, nun futuro deshumanizado no que se estende entre a poboación a ‘gran dor’, que lles quita as ganas de vivir. É a primeira banda deseñada do novelista Diego Ameixeiras, en colaboración co ilustrador Tomás Guerrero. Os dous autores explícannos algunhas das claves desta historia negrísima de alento humanista publicada por Edicións Xerais.