Diario Cultural

Ledicia Costas, premio Lazarillo: “As nenas e nenos agasállanme coas súas lecturas todos os días”

Ledicia Costas empezou a escribir de adolescente, e aínda que a carreira de Dereito se lle cruzou no medio do camiño, ela seguiu escribindo. Ata que a Ledicia escritora foi aos poucos substituíndo á avogada. Un paso arriscado, pero que con moito traballo se resume nunha carreira literaria meteórica, 20 obras publicadas e premios como o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, o Merlin, o premio da Cultura de Galicia de Creación Literaria, e ata tres premios Lazarillos, como vimos de saber hai un par de días. Este último por unha novela xuvenil, ‘A lebre mecánica’, que poderemos ler en galego nuns meses.

Ledicia escribiu literatura infantil, xuvenil e novela e relatos para adultos. Escribiu sobre a guerra en ‘Un animal chamado neboa’, un libro que tamén nos fala da dor e da resistencia, ao igual que ‘Infamia’ e ‘Golpes de luz’, o máis recente para adultos. Pero Ledicia é unha auténtica superestrela entre as nenas e nenos. Ninguén coma ela lles fala á cara, directamente na súa linguaxe, de inframundos, cociñeiras defuntas, mulleres planta, vampiras, unicornios, minimortos ou nenos de lume. Ninguén con tanta paixón, tenrura, humor e intelixencia. Así é a literatura de Ledicia Costas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Temos a unha convidada de excepción, a primeira persoa en gañar tres premios Lazarillo de Literatura infantil e xuvenil. Ledicia Costas é unha mestra das palabras e hoxe quixemos tela no Diario para darlle os parabéns e para gozar duns minutos no micro con ela falando de mortos e de libros.

E despois teremos a Moncho Lemos para falarnos de cine e por suposto dar conta da estrea de Live is Life de Dani de la Torre.

Boyanka Kostova volven con ‘Ranaeira’

Os pioneiros do trap galego presentan o seu cuarto traballo, con colaboracións de Dios ke te Crew,
FØ Records e Pili Pampín. 

A Rosalía lírica e ética de ‘En las orillas del Sar’

“A través del follaje perenne / que oir deja rumores extraños / y entre un mar de ondulante verdura / amorosa mansion de los pajaros / desde mis ventanas veo / el templo que quise tanto”.

Con estes versos comeza ‘En las orillas del Sar’, o derradeiro libro de Rosalía de Castro, publicado en castelán, en Madrid no ano 1884. Un deses clásicos fundamentais, de difícil clasificación, no que Rosalía escribe sobre o seu tempo, evocando a esa forza da natureza que discorre ‘en las orillas del Sar’ con moita sinxeleza. Recuperámola hoxe aquí porque a editorial Alvarellos acaba de publicar unha edición facsimilar do poemario, tal e como foi publicado en 1884.

Con el podemos recuperar a lectura dun nos nosos grandes clásicos, aínda que non suficientemente reivindicado pola literatura galega. No Diario Cultural falamos co editor, Henrique Alvarrelos, e a autora do limiar, María do Cebreiro.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Tempo para recuperar un gran clásico da literatura galega e española, como é ‘En las orillas del Sar’ de Rosalía de Castro. Temos nas mans unha edición facsimilar fermosísima que nos chega desde a editorial Alvarellos, e que reproduce o orixinal publicado en 1884.

E despois temos a Roberto Pascual para falarnos de Continente Maria, unha obra na que Melania Cruz conversa con Maria Casares.

‘Demasiado’, o novo disco de Radio Zapa

Vituco Neira parola con Martín Zapata, un dos integrantes do trío de power-pop Radio ZapaOs seus próximos concertos: 4 de xuño en Lalín e 10 de xuño en Santiago. 

Pin It on Pinterest