Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe imos ir ata Ourense, e o bo é que o podemos facer de maneira presencial ou virtual, porque temos as dúas opcións para visitar a Bienal de Pintura Joven. A mostra está organizada pola Fundación Cum Laude, para artistas entre 18 e 35 anos, e están xa coa séptima edición.

E despois teremos a Armando Requeixo, que hoxe nos fai falar do novo libro de Diego Giráldez, ‘O meu sangue’.

Néboa preséntannos o seu EP ‘Fósforo’

O grupo Néboa acaba de editar ‘Fósforo‘, un EP de cinco cancións que chega ano e medio despois do disco que os deu a coñecer, ‘A realidade enganosa’. Falamos con Lucas de Centi, o principal compositor do grupo, e con sús, a vocalista portuguesa que colabora coa banda. Néboa actúan o 10 de xuño na Fábrica de Chocolate de Vigo.

As voces máis autorizadas do manga reúnense en Pontevedra

Grandes expertos do manga de Asia e Europa están agora mesmo reunidos nun congreso en Pontevedra, O VI Foro Internacional de Creación na Fronteira, que organiza o Grupo DX5 da Universidade de Vigo. Nós temos de convidado a José Andrés Santiago, un dos maiores coñecedores do manga en Galicia.

 

 

Accionar o rural a través das mulleres

Ana Abad preséntanos o proxecto ‘Acciona o rural’, do colectivo Fiore di zucca, formado polas actrices e creadoras Celina Fernández Ponte, Ana Fontenla e Andrea Dunia Díaz Casal.

As novas xeracións protagonizan a 13ª edición do (S8)

Rematamos semana na Coruña coa décimo terceira edición do festival S8, a mostra de Cinema Periférico.

 

 

Tres músicos retornados forman o Trío Castelao

O violinista Pedro Rodríguez, a violista Inés Picado e o violonchelista Raúl Mirás forman o Trío Castelao, unha formación de cámara que este mércores actúan no Festival de música Cidade de Lugo.  Os tres músicos saíron da canteira da Orquestra Sinfónica de Galicia, desenvolveron a súa carreira no estranxeiro e nos últimos anos retornaron ao país. 

Pin It on Pinterest