Diario Cultural

Yolanda Castaño, unha traxectoria vital dedicada á poesía

A traxectoria vital e profesional de Yolanda Castaño está definida pola poesía desde moi nova. As súas primeiras letras publicadas, ‘Elevar as pálpebras’, saíron en 1995, cando ela tiña 17 anos; e desde entón publicou poesía, narrativa e mesmo comic e tradución.

Coñecemos á Yolanda Castaño poeta, creadora. Pero hoxe miramos tamén a súa faceta como xestora cultural. No que vai de ano foi recoñecida xa con dous premios, o Rodolfo Prada e o da Gala do Libro á xestión cultural, por un proxecto titánico ao que leva dedicada xa 13 anos: Poetas Dinversos.

Os recitais danse cita unha vez ao mes na cidade da Coruña, no Centro Ágora, e neles coexisten as letras dun poeta galego e dun poeta internacional. Este pasado luns celebrouse o correspondente ao mes de maio, co encontro entre Gonzalo Navaza e a poeta rusa Vera Pavlova, demostrando tamén que cando se fala de poesía, non hai barreiras.

 


 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30

Para este mércores temos unha convidada moi especial: Yolanda Castaño. Leva moitos anos traballando pola nosa poesía, a cultura e a lingua de maneiras moi diversas. Hoxe queremos conversar con ela sobre a súa labor de xestora cultural detrás do ciclo ‘Poetas di(n)versos’.

E despois teremos a outra convidada excepcional, Fina Calleja, que dirixe a adaptacion de ‘Asemblea xeral’, do dramaturgo Lauro Olmo, para conmemorar o seu centenario.

Un cole con compañía de monicreques propia

Acaba de nacer Titiricea, a compañía de monicreques do CPI Virxe da Saleta, no concello ourensán de Cea. Titiricea está formada por alumnado da ESO que na véspera das Letras Galegas estreou as súas primeiras cinco obras orixinais. A compañía nace no marco do proxecto didáctico ‘Da barraca á aula’ que desenvolve a asociación Morreu o demo.

Festival Harmatan: a cultura africana chega a Ourense

O Festival Harmatán chega ao Teatro Principal de Ourense con danza, teatro, música e debate na súa segunda edición, a primeira que se celebra en Ourense. Este festival nómada de cultura africana é unha oportunidade única de achegarse a un continente enorme, diverso, multicultural e tamén moderno. Pero que non chega a estar o suficientemente representado e visible en España e Galicia. Un baleiro que trata de encher Harmatán.

Falamos con Olga Mojón, a directora do Teatro Principal de Ourense e unha das coordinadores deste festival, que se celebra tamén estes días en Móstoles e Albacete.

 


 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30

Hoxe imos ata a cidade de Ourense, pero para trasladarnos culturalmente a África. Chega a segunda edición do Festival Harmatán, con teatro, danza, música e debate, para achegar a cultura deste enorme e diverso continente a Galicia.

Despois, teremos a nosa dose semanal de literatura con Armando Requeixo e o novo libro de Manuel Portas.

O regreso de Dios ke te crew

O colectivo de hip hop de Ordes edita o EP ‘En que ano estamos?!’ que presentan en directo na sala Capitol de Santiago o venres 27 de maio. 

Pin It on Pinterest