Radio Galega

Diario Cultural das 14:45

Neuroarquitectura nas xornadas “A Casa Invisible” e galegos en Venecia.

‘O soño musical dos mapas celestes’

Hoxe estréase no Colexio de Fonseca en Compostela ‘O soño musical dos mapas celestes’, unha peza teatral promovida polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías que poderemos ver dende hoxe ata o 10 de setembro.

Están cos últimos preparativos e ensaios, e por alí pasou o compañeiro Vituco Neira para falar cos protagonistas da obra.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O soño musical dos mapas celestes. Armando Requeixo recomenda ‘A conxura’.

Reabren a sala Karma de Pontevedra e os multicines Norte de Vigo

Co avance do proceso de vacinación, algúns espazos culturais pechados durante 18 meses volven reencontrarse co público. Os multicines Norte de Vigo e os Compostela de Santiago retoman as proxeccións este mércores; a sala Karma de Pontevedra recuperou a programación de concertos a finais do mes de agosto. 

Diario Cultural das 17:30

Abrimos tempada coas reaperturas de cines, coma os Norte, en Vigo, e de salas como a da Karma, en Pontevedra.

Viaxe literaria polo novo libro de poemas de Ismael Ramos: “Lixeiro”

Falamos co escritor Ismael Ramos e do seu último poemario: “Lixeiro”

Diario Cultural das 14:45

Folleando o poemario “Lixeiro” co seu autor, Ismael Ramos, e preparándonos para a nova edición do FETEGA, O Festival de Teatro Galego do Carballiño, co seu director, Carlos Ledo.

Diario Cultural das 10:30

Con Vituco Neira co Coro Encaixe no Parque de Belvís en Compostela, repasando a edición deste ano 2021 do Festival de Cans n’O Porriño e coa música clásica que nos trae Luís Miguel Crespo.

O “Camiño Escena Norte” prepara o seu inminente inicio

“Camiño Escena Norte”, o proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, iniciará o vindeiro domingo 12 e setembro. O programa está promovido polas entidades profesionais de productoras de artes ecénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (País Vasco).

Diario Cultural das 14:30

No Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín, na presentación do Camiño Escena Norte con Vituco Neira e no Festival de Cans con Beli Martínez.

Pin It on Pinterest