Radio Galega

Camiño Escena Norte tece unha ponte cultural a través das rutas xacobeas

Camiño Escena Norte está de volta para unha segunda edición que pretende consolidar unha iniciativa pioneira de intercambio cultural e escénico entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi

O proxecto bota a andar o vindeiro 13 de setembro en Compostela para rematar tamén alí o 11 de outubro, con 8 funcións e 6 espectáculos chegados doutras autonomías. 

A compañía vasca Kulanka Teatro será a encargada de abrir a programación en Galicia coa obra “Quitamiedos”, de Iñaki Ricarte. 

E namentres en Galicia poderemos ver estes espectáculos astures, cántabros e vascos, dúas compañías galegas amosarán as súas últimas producións nestes territorios: La Macana con “Pink Unicorns” e La Quintana Teatro con “Desde lo invisible”.

Amais, do 15 ao 17 de setembro no Centro cultural Vello Cárcere de Lugo, haberá un encontro profesional: “Habitación Peregrina PRO”. Unha actividade que busca crear un novo corredor cultural artellado por medio deste novo territorio compartido, pretendendo fomentar a interrelación e as sinerxias entre compañías deste sector. 

Alén, Camiño Escena Norte achega actividades paralelas co nome de “O Camiño Expandido”, que inclúe unha exposición titulada “Ultreia. Que foi Camiño Escena Norte 2019?” do 14 ao 30 de setembro na Biblioteca Pública Ánxel Casal, e tamén encontros online coas compañías participantes, para profesionais e abertos ao público.

Toda a información está dispoñible na páxina web deste proxecto: escenanorte.com

Diario Cultural das 10:30

Entrevista ao coordinador de ‘Camiño Escena’, Diego V. Meizoso. Colaboración de Montse Pena Presas sobre literatura infantil e xuvenil.

O Revenidas volta a Vilaxoán coa súa edición “En Conserva”.

Nesta edición o Revenidas combina concertos de pago con actividades e concertos de balde en distintos lugares da vila. De xeito controlado, con aforos reducidos e coas medidas hixiénico sanitarias pertinentes porque a organización do Revenidas, afirma, cre e traballa a prol dunha cultura segura.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Festival Revenidas en Conserva. Entrevista ao director, Xoán Quintáns. Colaboración de Tito Lesende sobre música pop e rock.

Plataforma inaugura hoxe en Compostela unha decena de espazos para unha programación de artes.

Nestes días está a ter lugar a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma. Un proxecto, que baixo o fío da  performatividade, quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas; a música, a arquitectura e o deseño.

Dirixido pola cooperativa galega Performa, o Plataforma defínese como un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmateria de Compostela.

 

“Leopoldo, o pequeno monstro” é o novo conto infantil da escritora e ilustradora Estefanía Padullés

Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio. Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión… E se ser tan pequeno fose unha vantaxe?

Un conto monstruoso para aprender que todos somos únicos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

 “Leopoldo, o pequeno monstro”, conto infantil da escritora e ilustradora Estefanía Padullés.

Comeza hoxe a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma en Compostela

Hoxe comeza a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, que nace coa intención de tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño.

Diario Cultural das 10:30

Hoxe comeza a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, que nace coa intención de tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño. Falamos con unha das co-directoras do festival, Mónica Maneiro. 

E o noso colaborador Matías Tarrio tráenos a terceira entrega de Viva o Verán! adicada á época estival. Desta quenda facemos un percorrido por bandas ou cancións que remiten ao verán ou algún verán en particular. 

O colectivo RPM impulsa a cuarta edición das Residencias Paraíso

Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar.

Deste xeito, a cuarta edición de Residencias Paraíso abre a súa convocatoria para acoller ata 7 proxectos en residencia cun importe total de 15.000 euros.

Pin It on Pinterest